Ribadeo, 22 de setembro de 2020. Mañá, mércores, terá lugar un pleno ordinario no Concello de Ribadeo. Entre os asuntos que se abordarán figuran unha modificación de crédito por importe de 300.000 euros dos remanentes do Concello que se destinarán a amortización de débeda e a liberar crédito no presuposto do ano que ven; ou a modificación da ordenanza municipal reguladora de axudas para a conciliación da vida laboral e familiar. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que debido á pandemia do covid-19 ampliarase o rango de persoas que poderán acceder a esas axudas, así como as súas contías.
O rexedor contou que “varios son os puntos que van a este pleno. Un deles é unha amortización de crédito por importe de 310.000 euros, que proveñen de remanentes do Concello, pero queremos amortizar débeda. Aínda que este ano non houbo unha obriga legal para o noso Concello, como noutros exercicios previos, vimos que era unha boa opción primeiramente para consolidar o nivel de débeda, que a temos baixa e queremos tela máis baixa aínda, como tamén para utilizar a remanente de xeito que non incida negativamente na estabilidade orzamentaria, que é unha cousa que non debemos descoidar. E ao mesmo tempo tamén queremos facelo así para liberar crédito no presuposto do ano que vén para que en vez de destinalo a amortización de débeda poida ser para investimento”.
Suárez Barcia explicou que “por outra banda vamos modificar unha ordenanza reguladora de axudas para a conciliación da vida laboral e familiar. Con motivo desta situación de pandemia queremos ampliar o rango de persoas que poidan acceder a estas axudas e tamén incrementar os importes máximos, de tal maneira que vamos incluír unha modificación para sufragar o 50 por cento do que supoñían estes custos agás para colectivos especialmente vulnerables, para os que o porcentaxe máximo de axuda será do 75 por cento”.
O alcalde engadiu que “tamén, como todos os anos, daremos conta dos reparos de Intervención que temos. Practicamente todos os Concellos do país téñenos en maior ou menor medida, moitas veces son por situacións relativas a contratos vencidos hai tempo que, aínda que estamos intentado regularizar quedan algúns deles por facer. Hai pouco adxudicamos a xestión do Servizo de Axuda no Fogar, tamén a do Punto Limpo e estamos agora con procesos de licitación do contrato de limpeza de instalacións municipais ou mesmo os de enerxía eléctrica, de telefonía, etcétera. E iso son reparos que debemos ir solventando, como tamén outros relativos a persoal. Hai que ter en conta que os Concellos estamos moi constrinxidos pola lei de orzamentos do Estado, polo que as administracións moitas veces abusamos de contratacións de persoal temporal, cando debería ser dunha maneira máis estable. Para iso xa aprobamos varias ofertas públicas de emprego, dos anos 2017, 2018 e 2019, que recollen moitos destes postos que están en situación de non conformidade e que teremos que ir resolvendo estes reparos que formula Intervención a través da convocatoria destas prazas”.
A sesión plenaria dará comezo ás 20:30 horas.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



