Trabada, a 27 de setembro de 2020. En Trabada acábase de producir o que o portavoz popular, José María Fernández Vázquez, cualifica de “feito inédito”, fronte ao que expresa o seu máis rotundo rexeitamento: pintadas nunha parede da casa consistorial. As pintadas, polo seu contido e por onde foron feitas, parecen ser unha crítica á política de contratación de persoal do Concello, presidido pola socialista Mayra García.
Fernández Vázquez sinala: “Como digo, o primeiro de todo é expresar o noso rexeitamento a esta maneira de protestar; non é admisible que se fagan pintadas nos edificios e menos aínda nun edificio institucional como é a casa consistorial”. Engade: “Pero dito isto, tamén hai que dicir que é fácil apreciar entre os veciños de Trabada que existe un crecente malestar pola política de contratación de persoal que leva a cabo o goberno municipal, algo que nós criticamos con insistencia”.
Os populares entenden que a política de persoal do Concello non é transparente. “Cando un goberno non actúa con transparencia, e moito máis en áreas tan sensibles como é a de contratación, ao final a xente entende que se actúa caciquilmente”, di Fernández.
Como pouco transparente, Fernández Vázquez alude á maneira de cubrir postos de brigadistas ou para o Punto de Atención a Infancia, froito este último dun convenio entre o Concello e a Deputación.























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



