Burela, 24 de setembro de 2020. A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero argumenta que “a residencia de Burela, que conta con 88 usuarios, xestionada pola Xunta, precisa dun patio exterior para que os residentes poidan realizar paseos e actividade de física de mantemento diaria, xa que coa pandemia do COVID non poden facer saídas. Quero lembrar que esta residencia conta con usuarios que non son dependentes, e polo tanto poden saír libremente do edificio, pero coa pandemia do COVID viron minorados as súas rutinas diarias”.
Sinala ademais que “representantes do grupo de familiares usuarios da residencia de maiores de Burela reuníronse xa co Goberno do Concello de Burela, quen amosou o seu apoio a esta reivindicación, así como a colaboración precisa para que este proxecto sexa unha realidade”.
Otero remarca que dada a situación actual polas limitacións da covid-19 “que impide aos seus usuarios poder saír da residencia, as familias dos usuarios fan esta petición xa que alegan que estar sempre dentro do edificio, está afectando psicoloxicamente ás persoas usuarias que se atopan ben e que estaban acostumados a realizar saídas diarias”, advirte. E lembra tamén que os “familiares de usuarios xa levan recollidas a día de hoxe máis de 1.000 sinaturas apoiando este petición”.
O edificio non contan con ningún espazo exterior
“Con este patio exterior poderán airearse, tomar o sol ou realizar exercicios de ximnasia de mantemento, xa que agora a pandemia impídelles saír do centro, xa que o edificio non contan con ningún espazo exterior”, advirte Otero. A maiores os propios familiares explican que: “É unha residencia aberta na que as persoas que están ben poden saír, pero coa covid-19 só saíron os días 23 e 24 de xuño, porqué despois pecharon co rebrote que houbo, e agora puideron facelo 15 días de agosto, pero volveron a pechar polo aumento dos casos”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



