Barreiros, 30 de setembro de 2020. Continúa a actividade cultural en Barreiros no mes de outubro. Despois da extensa e intensa programación dos meses de agosto e setembro que se desenvolveu cun alto grado de participación e con total seguridade para os asistentes e participantes sempre seguindo as normas Covid, a concellaría de Dinamización Social programa un interesante Mes das Letras (que obviamente non puido realizarse en maio) para este mes de outubro, onde o tema principal e o fío condutor das actividades será a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, o escritor ao que este ano se homenaxea polas Letras Galegas.
Daniel García, concelleiro de Dinamización Social avanzou as datas e os contidos desta programación, que agarda sexa recibida satisfactoriamente polo público infantil e adulto do mesmo xeito que acolleron a programación estival, que foi seguida por mais de mil persoas. “A cultura é segura, e cumprindo todos os parámetros e normas sanitarias podemos seguir disfrutando dos nosos artistas, da nosa música, de espectáculos lúdicos e dando vida tamén a todos os sectores da cultura así como á economía do noso concello neste ano tan difícil”, afirmou o concelleiro.
O domingo 4 no Centro Sociocultural, ás 12:00 e para o público infantil, estará María Faltri Picadiscos. No mesmo lugar, o domingo 11 ás 19:00 terá lugar o Festival de Maxia. O domingo 18, e para público infantil, Aquelando as nosa Letras “A Run Run”. O sábado 24, Día da Biblioteca, coa presentación do libro de Henrique Rabunhal “Ricardo Carvalho Calero, o anxo da Terra”, na biblioteca municipal. O domingo 25 de outubro no Cenro Sociocultural, ás 12:00 e para o público infantil, “Coñecendo a Carvalho Calero”- “Polo correo do vento”. O venres 30 terá lugar a celebración do Samaín, rematará a programación o sábado 31 de outubro coa charla do escritor Henrique Da Costa “Conversa arredor da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero”, ás 12:00 nos Colexios Vellos de San Miguel.
E este mesmo día ás 18:00 no Centro Sociocultural en San Cosme terá lugar a primeira edición de VERSOS NA BAIXAMAR, recital poético coordinado por Lois Pérez, en colaboración coa AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega). Neste recital confluirán a poesía, a música e a palabra da man e do talento dalgunhas das nosas mellores poetas e voces mais novas da Mariña, coma Olalla Cociña, Natalia Alonso e o chairego Daniel Irimia.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



