Lugo, 1 de setembro, 2020. Derradeiro día de agosto. Ese é o día no que nos chegan as novas instrucións de inicio de curso, dez días antes de que comece, logo de perder todo o verán teimando nunhas instrucións incompletas e insuficientes, agora publican na web da consellaría de educación unhas novas que deberan ser “definitivas” se facemos caso das declaracións do secretario xeral.
A primeira valoración que deberamos facer é a do tempo perdido por parte da administración autonómica, perdido por non falar coa comunidade educativa, e perdido por non afrontar decididamente as obrigas que lle cómpren á consellaría; porque non só se perdeu tempo de agarda, perdeuse tamén tempo de traballo, e senón que llelo digan ás direccións dos centros escolares que tiñan xa planificado o curso con esa medida de un metro, que agora hai que ampliar a metro e medio desbaratando todas as colocacións que a conselleira foi visitando para sacar unha foto innecesaria.
Esta Confederación dixo sempre, e aí está, publicado e remitido a todos os medios de comunicación, que a liña vermella eran eses 1,5 metros de distancia de seguridade, que de aí tiñan que saír necesariamente rateos máis pequenos, desdobres e máis profesorado. Agora dannos a razón, porque a temos, pero aínda non de todo, aínda queren roubar uns centímetros “de centro a centro de cadeira” nas aulas, novamente cando no resto das situacións falan de 1,5 metros “entre persoas”. E aínda antes de aceptar os desdobres falan de desarmar percheiros e utilizar ximnasios, cando o problema dos rateos esaxerados xa viña de antes e estabamos no momento de resolvelo.
Porén, desacordamos totalmente da exención da distancia de seguridade en infantil e primaria, e esiximos a modificación desa permisividade incomprensíbel. Os grupos de convivencia estábel non son tales máis que dentro do centro escolar, e iso son unhas poucas horas diarias; non serve de nada garantir a independencia deses grupos en todas as actividades que se realicen no centro educativo, se logo no comedor, no transporte ou ao saíren as crianzas se xuntan cos seus irmáns, amigos ou compañeiras doutras actividades. Poderiamos comprender a exención da distancia de seguridade en infantil, porque este alumnado precisa da interacción máis achegada cos seus iguais e tería dificultades -pola súa madurez- para entender esa disposición; non entendemos, e non aceptamos que en toda primaria volvan a primar intereses económicos fronte aos intereses sanitarios.
Entendemos tamén que os grupos colaborativos son de imposíbel aplicación se non hai unha dotación suplementaria de profesorado nas aulas, e iso é outra mostra máis de como as instrucións teñen dentro o xermolo do seu propio incumprimento, non pode facerse aquilo para o que non hai medios, por máis intencións e ordes que existan.
No incomprensíbel procedemento de medición da consellaría de educación tampouco se entende ben porqué temos 3 distancias diferentes segundo o momento: teremos 1,5 metros de separación entre persoas nos comedores escolares e ademais sentadas en oblicuo, 1,5 metros entre o centro das cadeiras nas aulas (que ven sendo un metro de distancia entre persoas), e ningunha distancia no transporte escolar, novamente vese moi claro que do que se trata é de non gastar, ese semella ser o límite de seguridade real que aplica a consellaría de educación.
O mesmo que se deduce desa incomprensíbel minoración das limpezas obrigadas nos aseos, que pasan de tres nun protocolo feito en época de diminución de contaxios, a dúas no momento actual, cando a recomendación dunha limpeza permanente é unha das máis esixidas. Igual comentario podemos facer da distribución das quendas de limpeza, que non fan máis que repartir a escaseza, esixindo máis limpeza sen facilitar máis persoal, máis medios e máis dotación económica cando é máis necesaria.
Tampouco estamos de acordo con ese singular auto diagnóstico secreto que van ter docentes e alumnado. Sen dúbida, controlar a temperatura a todo o mundo pode ser difícil e ocasionaría un certo bloqueo nas entradas aos centros escolares; que se solucionaría en boa medida con máis persoal de atención, pero deixar en mans de cada unha das miles de persoas o compromiso de facelo nas súas casas e “comunicar as ausencias”, é abrir a porta á desinformación e á multiplicación do problema; máis aínda cando hai boa parte do alumnado que ten que xestionarse directamente o principio do día porque a súa familia xa comezou a xornada laboral.
Pola mesma razón, a da inseguridade que pode provocar unha actuación incorrecta, rexeitamos tamén que sexa o alumnado quen teña que limpar os mobles ou utensilios nos espazos de uso compartido. A limpeza ten que ser feita por persoal profesional, e seguro do seu quefacer, non por menores de idade non preparados. Non é malo que o alumnado limpe, é malo que poidan facelo mal neste momento.
Rexeitamos tamén o que debemos entender como unha carga económica suplementaria ás familias galegas: cando as instrucións fan referencia a que “será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no comedor”, e logo, quen vai pagar esa máscara e ese estoxo?, máis aínda, quen vai pagar as máscaras todas?, non falamos dun gasto menor nin insignificante e ten que ser a administración educativa quen forneza a todo o persoal e ao alumnado deste tipo de material. Topamos novamente co incumprimento da obriga constitucional de garantir un ensino obrigatorio gratuíto; e máis aínda cando falamos dun complemento obrigatorio, xa que as propias instrucións establecen que será unha falta contraria á convivencia o incumprimento do seu uso.
As novas instrucións son moito mellores que as anteriores, sen dúbida, rematan frases e completan parágrafos, aínda que segue a parecer en boa medida que foron feitas por xente que nunca pisou un centro escolar. Porén, manteñen totalmente os desacordos de organización internos: ao xa dito das diferentes medidas segundo os momentos; ou do tratamento dispar e sen sentido do alumnado de primaria e secundaria; temos que xuntar o desprezo que se fai polo alumnado de risco (aínda que se esquece o alumnado que conviva con persoas de risco) ao que se ben si se lles contempla a posibilidade, previa recomendación da súa pediatra por suposto, de non asistir a clase, porén non se lles outorga o dereito a ter unha educación en liña, porque esa resérvase para o alumnado en corentena, ou para as aulas con actividade suspendida.
Neste senso, botamos tamén en falta a disposición concreta de como se poderá tratar a este alumnado en corentena: duplicaremos horario docente?, teremos docentes de apoio?, porque non é posíbel que se atenda á vez ás que están e ás que non están, ou será que o que pretende a consellaría é dispor que só hai dúas realidades absolutas, ou están todas, ou non está ningunha, eliminado polo tanto toda a atención que poidan precisar aquelas que -polas máis diversas circunstancias- non poidan asistir as clases presenciais ?.
En fin, máis do mesmo, as instrucións melloran as anteriores, sen dúbida, pero aínda están totalmente preñadas da intencionalidade de non gastar en medios materias e persoais imprescindíbeis; de non investir en educación nin en futuro. E así non imos ben, porque non é posíbel unha educación sen seguridade sanitaria, nin hoxe nin nunca, pero hoxe moito menos.
Aínda ben que polo menos agora xa poderemos coñecer nos Consellos Escolares que é o que van ir aprobando as direccións dos centros. Esta é a única democracia e a participación que entende este goberno, a de recibir información, nunca a de participar nas decisións; pero algo é algo, que nas instrucións anteriores nin a iso tiñamos dereito.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



