A Mariña, 5 de setembro de 2020. O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Fran Cajoto, recibiu este mediodía en Barreiros (no hotel-restaurante Rías Altas) a un grupo de bloggers gastronómicos e de viaxes, que pasarán a fin de semana na comarca.
Xanta de vagar en terras da Mariña é o nome que recibe a xornada do sábado e que se enmarca dentro dun proxecto organizado por Slow Food Compostela para AGACAL (Axencia Galega de Calidade Alimentaria) chamado Come Local. Neste proxecto realizan diferentes actuacións para poñer en valor os alimentos certificados de calidade, DOPs, IGPs e Ecos e entre elas atópanse 4 eventos gastronómicos en cada unha das provincias galegas.
O primeiro evento, ao que están invitados unha serie de bloggers gastronómicos e de viaxes, corresponde á provincia de Lugo e ten lugar hoxe, 5 de setembro, na Mariña Lucense, entre Barreiros e Lourenzá. No hotel-restaurante Rías Altas tivo lugar a recepción ofrecida pola Mancomunidade. O seu presidente, Fran Cajoto, aludiu “á riqueza cultural, paisaxística e gastronómica desta comarca, que agardamos que vos sorprenda, que vos guste e que llo trasladades a todos os vosos e vosas seguidores. A Mariña é unha comarca para visitar ao longo de todo o ano e aquí estaremos encantados de recibir a todas as persoas que se acheguen a coñecer este territorio”.
Ao xantar os asistentes degustarán faba de Lourenzá, produto que coñecerán mais en profundidade facendo unha versión reducida e adaptada ao tempo dispoñible da Ruta da Faba. Pola tarde visitarán o Centro de Interpretación da Faba, o Mosteiro de San Salvador, percorrerán unha parte da Ruta do Val ata o Muíño do Pereiro con visita ás plantacións desta leguminosa, ao Pazo de Tovar e á Cooperativa Terras da Mariña cunha demostración do procesado final da Faba.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense colabora con este evento alongando a estancia dos bloggers asistentes no xeodestino nalgúns dos aloxamentos participantes no proxecto Turismo Slow Norte de Galicia. E ademais, para o domingo, 6 de setembro, foron organizadas varias actividades. Os bloggers terán a oportunidade de participar nunha visita guiada á Basílica de San Martiño; asistirán a unha sesión de Ecogastronomía da Mariña, a cargo de Lucas Requejo; coñecerán a Cova do Rei Cintolo e visitarán o barco museo Reina del Carmen.
Segundo explican desde a Mancomunidade “o obxectivo das actividades propostas, ademais de adaptarse á probabilidade de choivas, é a posta en valor da variedade e riqueza dos produtos e da gastronomía local e a diversidade e singularidade dos recursos existentes na comarca, xa que en moi pouco espazo territorial pódese desfrutar de recursos con características totalmente diferentes e moi interesantes”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



