A retórica parlamentar é as veces un lastre para que o común dos mortais se interese pola actividade dos distintos parlamentos ou e mesmo dos plenos dos órganos lexislativos e de xestión. Ás veces os debates e exposicións so tan ríxidos e cargados de normativa que incluso nos plenos dos concellos causan aburrimento e desafección. Nesta regulación, as mocións de censura están deseñadas para garantir o debate e a contraposición de ideas, esta regulación tratase pois dun procedemento extraordinario da nosa política, hoxe convertido por Podemos e VOX nunha ferramenta de imaxe corporativa para os partidos, ambos con sendas mocións que tiñan o fin de buscar a picota.
Esta semana asistimos en San Xerónimo, en plena segunda onda de contaxios da COVID, a un debate regulado nos artigos 175 a 179 da Constitución Española, esa que case parece xa un dogma de fe para algúns, mais neste caso utilizada nunha “patochada” de acción política. Esta manobra de VOX, non ben máis, que a deturpar o regulado na Carta Magna. En ningún momento este partido pretende unha moción construtiva, simplemente usa a Constitución en beneficio propio, por uns minutos de gloria e televisión, nunha acción desesperada na loita dos marcos pola dereita. Xa fixo o mesmo Podemos tamén con ese fin, nesa irremediable realidade de que se retroalimentan no uso do mesmo manual político.
Sorprendeu pois a resposta por parte da mairoia dos partidos ao engado politico dos ultra españolistas de VOX. Debatendo con eles posturas ilóxicas e sorprendentes nunha democracia moderna de estándares europeos. Repasando o discurso de reproches e citas incribles dáste conta do pouco nivel político actual en España.
A opción máis lóxica, máis política e máis efectiva sería pasar do xogo político por eles proposto, non entrar a debater cun candidato que estaba ben lonxe dos votos precisos. Neste senso dicir: GRAZAS Aitor Esteban. O PNV foi o único á altura da política europea, coma sempre. 82 segundos precisou o Portavoz Nacionalista Vasco para despachar a o Sr. Abascal. Compartín varias veces mesa e mantel con Aitor, tempo de debate e fun anfitrión nas súas visitas políticas a Galicia. Sempre aprendín moito, sen trapalladas nin adornos, con realidade e pragmatismo esa é a súa impronta, a do que hoxe todos consideran o mellor Deputado do Estado. Aitor, como home versado na cultura dos nativos de Norte América, sabe que neste caso non vale nin hacha de guerra nin a pipa da paz, simplemente indeferencia, unha indeferencia dende a dignidade dun partido centenario e moderno á vez como é o PNV , como décimos en Galicia non existe maior deprecio que non dar aprecio. Outros mentres seguiron o xogo.
Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO

















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



