Burela, 21 de outubro de 2020. A Concellería de Medio Ambiente organiza un obradoiro titulado Alquimia na cociña, que se celebrará o 7 de novembro ás 16:00 horas na Praza de Abastos da vila.
A duración do curso será dunhas tres horas e media e para poder asistir é necesario estar empadroad@ en Burela. As persoas interesadas poden anotarse na oficina de Gaia, na Praza de Abastos, ou a través do número de teléfono 647 136 673. As prazas son limitadas.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, dixo: ¿preguntácheste algunha vez por qué algunhas persoas sempre teñen frías as mans ou os pés, outros arrefríanse con facilidade ou incluso precisan unha cervexa para relaxarse?”.
A edil burelesa explicou que “neste curso descubrirase como facer alquimia na cociña e na vida utilizando ferramentas que todos temos. Abordarase cociña para enfriar, quentar, remineralizar, relaxar, activar ou depurar. Unha boa alimentación está relacionada co bo estado do corpo, un sistema inmune forte e un óptimo peso. E neste obradoiro trataremos todo isto dun xeito teórico e tamén práctico”.
Toñi Eijo engadiu que “faremos diferentes receitas nutricionalmente equilibradas, tanto doces como salgadas. Introduciremos alimentos novos e usaremos os que xa coñecemos dun xeito diferente”.
O curso foi presentado pola concelleira de Medio Ambiente e polo alcalde, Alfredo Llano.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



