Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2020. A Xunta impulsará emendas ao Proxecto de Presupostos Xerais do Estado para 2021 coa fin de que incorporen as partidas necesarias e suficientes para impulsar as obras dos treitos prioritarios da autovía Ourense-Lugo (A-56).
Así llo trasladou onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aos alcaldes integrantes da Plataforma A-56, cos que mantivo unha xuntanza, na que tamén participou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.
En concreto, e de acordo cos alcaldes, o Goberno galego promoverá emendas destinadas a que as Contas do Estado para 2021 consignen os cartos necesarios para acometer as obras dos treitos considerados prioritarios, o intercambiador de Guntín, na provincia de Lugo, e o treito San Martiño-Cambeo, na provincia de Ourense.
A autovía Ourense-Lugo está proxectada pola Administración xeral do Estado como un eixe vertebrado do interior de Galicia e planificouse como unha vía de nova construción que parte da autovía Lugo-Santiago en Guntín, e chega ata a A-52 en Ourense. A súa construción beneficiaría a 250.000 habitantes.
Esa autovía, sen embargo, só ten un treito en servizo, entre A Barrela e San Martiño, que se abriu ao tráfico a comezos deste mes de outubro tras máis de 10 anos de obras.
Na xuntanza de hoxe, os alcaldes dos concellos de Vilamarín, Coles, Carballedo e Chantada trasladaron a súa preocupación pola falta de avances e compromiso por parte do Goberno de España no impulso dos treitos restantes desta infraestrutura, unha inquedanza confirmada ante a publicación onte do Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021.
Tamén a xuízo do Goberno galego é inaceptable que o Proxecto de Orzamentos elimine o investimento no intercambiador de Guntín da autovía A-56, que contaba con partida nos Presupostos de 2018, aínda en vigor, así como anualidades para os seguintes exercicios.
Esas partidas non se executaron e, sen embargo, non se inclúen nos Presupostos de 2021, a pesar de que o intercambiador de Guntín é unha infraestrutura de importancia fundamental para canalizar un gran volume de tráfico en Lugo. O seu custo estimado é de 13,2 millóns de euros.
Igualmente, a Xunta considera totalmente insuficiente a partida de 100.000 euros que os Presupostos inclúen para o treito de San Martiño-Cambeo, que se considera fundamental para darlle funcionalidade ao trato que se vén de pór en servizo entre San Martiño e A Barrela.
Co treito de Cambeo-San Martiño sería posible conectar directamente a Autovía coa Nacional-540. Trátase dun treito de 9 quilómetros que precisa dun investimento de 73 millóns de euros.
No encontro, a Xunta trasladoulle á Plataforma A-56 a súa preocupación pola desaparición do investimento na rede viaria galega do Proxecto de Orzamentos Xerais.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



