A tensión xerada polas diverxencias sanitarias entre o Goberno rexional de Madrid e o Goberno do Estado fixo agromar, porén, un consenso implícito de ambos os dous Gobernos a respecto da especialidade da rexión madrileña como auténtica cerna do Estado, de xeito que Madrid é o núcleo fundamental de España e España só se podería entender dende o seu centro, dende Madrid.
Velaí que políticos e analistas tenten dexergar as razón e consecuencias desta hexemonía madrileña. Unha hexemonía construída dende a elección da capital máis afastada das costas e fronteiras da Europa, dende a planificación radial das estradas e camiños de ferro e, máis modernamente, dende a converxencia de obxectivos entre a privatización a prol de grupos con sede en Madrid das empresas públicas dos sectores regulados, o destino masivo de recursos en infraestruturas a prol da Vila e Corte (lembremos aquel billón de pts.-con b de burro- dos Fondos de Cohesión investidos na ampliación do aeroporto de Barajas) e máis o “dumping” fiscal do Goberno rexional, que na práctica suprimiu os Impostos de Patrimonio e Sucesións e Doazóns, atraendo grande número de residentes doutros territorios do Estado.
Das resultas destes procesos ( uns consubstanciais á definición do Estado español borbónico, outros propios dos últimos trinta anos), a rexión de Madrid representa hoxendía o 19,2% do PIB con só un 1,6% do territorio. Mais esta xeración do PIB non xurde dunha base produtiva dinámica, diversificada ou competitiva, senón nomeadamente do efecto da capitalidade. O 29% dos empregados públicos do Estado ubícanse na Vila de Madrid. O 60% das licitacións do sector público estatal adxudícanse a empresas con sede social en Madrid. O 45% dos empregos de Madrid son altamente cualificados, actuando como aspiradora dos graduados universitarios do resto do Estado.
Porén, a actividade económica non vencellada ao sector público nin os sectores regulados (banca, seguros, distribución eléctrica e lobby construtor-concesional) artéllase na costa (arredor dos eixos atlántico galego, cantábrico, e mediterráneo) e do val do Ebro. A única multinacional do Estado de base industrial e comercial, Inditex, xurdiu na Galicia.
As elites económicas, políticas, funcionariais e mediáticas de Madrid constitúen o Deep State, o Poder real no Estado, permanente ás remudas electorais, institucionalizado na permanencia da Xefatura do Estado na familia Borbón. Estas elites recentralizaron a lexislación do sector eléctrico para impedir que Galicia ou calquera outro territorio puidese quitar beneficio da explotación das enerxías renovábeis, apostaron por tentar garantir a continuidade de ENCE até 2060, fixaron en 4.000M€ a indemnización a Florentino Pérez pola desfeita do Castor e sempre se opuxeron-como ven de escribir Xavier Alcalá-contra calquera ubicación de axencias e ministerios estatais fóra da megalópole do oso e do albedro.
Unha federalización real habería suxeitar a rexión de Madrid á vontade dos territorios (como os Estados da Unión exercen o control da capital federal, Washington, privada de autonomía política por ser distrito federal) e limitar a súa autonomía tributaria para evitarmos o dumping fiscal. Alén disto, cumpriría a menor coincidencia das capitais política e económica, coincidencia que é incompatíbel coa gobernanza federal, como nos aprenden os exemplos dos USA, Canadá, Australia, Alemaña e Suiza.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.



