Lugo, a 13 de outubro de 2020. O PP ve na Deputación sinais que teme que anuncien que o goberno provincial quere renunciar aos compromisos adquiridos por Suplusa, sociedade agora en liquidación, en materia de creación de solo industrial na provincia. Á vista desta situación, en palabras do seu portavoz, Javier Castiñeira, “o grupo provincial do PP esixe maior compromiso ao goberno da Deputación para executar o proxecto de solo industrial comprometido con concellos da provincia, porque tememos que o bipartito queira aproveitar a disolución de Suplusa para extinguir moitos convenios para a creación de parques industriais, que están en diferentes fases de tramitación”.
Castiñeira sinala: “A sensación que temos no PP, despois de escoitar no pasado pleno o rexeitamento do goberno provincial a asumir a totalidade das obrigas adquiridas por Suplusa, é que pretende cargarse parte do solo industrial proxectado na provincia de Lugo, e con elo liberar carga orzamentaria comprometida dende hai tempo”. O portavoz provincial do PP recorda “que a cargo de Suplusa hai solo comprado, pendente de planeamentos municipais ou de permisos sectoriais”. Explica: “Hai millóns de euros investidos na compra de parcelas, que deben ser transformadas en parques empresariais; os concellos necesitan que a Deputación prosiga co traballo iniciado por Suplusa”. Considera que “sería unha verdadeira traizón que a Deputación non asumira os compromisos firmados no seu día por Suplusa”.
O portavoz popular tamén declara: “Somos conscientes de que o proceso de eliminación da sociedade urbanística provincial que promoveu o bipartito non vai ser sinxelo, e por elo quixemos participar na comisión liquidadora, pero apreciamos desde o principio que ao goberno interésalle ben pouco cumprir co pactado”. Aclara: “Así sucede cos traballadores, cos que aínda non resolveu a súa situación laboral, e así o vemos na falta de compromiso tanto para levar adiante as residencias para maiores que están pactadas e co solo industrial, que nos preocupa moitísimo”.
Castiñeira avisa “ao goberno de que non imos aceptar medias tintas neste proceso; a Deputación debe asumir a totalidade dos compromisos de Suplusa e se non é así terá enfronte ao Partido Popular”.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



