Lugo, a 27 de outubro de 2020. O voceiro do Grupo Provincial do PP, Javier Castiñeira, lamenta que “mentres o PP defende que o Goberno axilice as autovías proxectadas na provincia, o goberno provincial mire para outro lado”. Así o manifestou o popular amosando a súa sorpresa e preocupación ante a actitude do PSOE nun dos puntos que consideran máis importantes do pleno provincial deste martes porque “o PSOE rexeitou incluír a emenda do Grupo Popular coa que melloraba a proposta do Goberno para dar un pulo á A-56 Lugo-Ourense; xa que propoñiamos avanzar tamén nas outras dúas autovías proxectadas na provincia, a A-74 (Barreiros-San Cibrao) e a A-54 Lugo-Santiago) para “dar seguridade a toda a provincia”.
Os populares lamentan que “a voceira socialista convencese ao BNG durante un receso de 2 minutos para abordar entre tódolos grupos a forma da proposta de que non aceptase a proposta do Grupo Popular. Isto preocúpanos en gran medida pola falta de personalidade do BNG neste Goberno provincial e pola falta de compromiso da Deputación de Lugo que deixan fóra da proposición á autovía A-54 e A-74”. Con todo, o PP votou a favor da proposta ao estar de acordo coa avance da autovía entre Lugo e Ourense.
Dúbidas sobre o compromiso do Goberno coas autovías da provincia
A proposta do Goberno provincial apórtanos moitas máis dúbidas sobre o compromiso do Goberno coas autovías da provincia de Lugo. Castiñeira sinalaba, por unha banda, que o Goberno central leva dous anos sen orzamentos e, polo tanto, sen asignar ningunha partida para estas obras e unicamente executando o que deixou feito o Partido Popular. Así mesmo, engadía que o ministro de Fomento avanzaba unha lei de mobilidade sostible onde plantexaba dar prioridade ás inversións produtivas que suporían unha discriminación para a nosa provincia de carácter principalmente rural. Ademais, o popular recordou que “en abril os senadores do PP solicitaron información sobre os estado das autovías, pero o Goberno non aportou datas nin compromisos”.
“O feito de que o goberno provincial -coa complicidade do BNG- traia esta moción sobre a A-56 na época de elaboración dos Orzamentos do Estado pódese malentender. Igual o señor Ábalos lles deu aos señores do PSOE un bombón envelenado traendo só a A-56, pero esquecéndose da A-54 e A-74”.
Castiñeira asegurou que “o Partido Popular defendeu sempre, antes, despois e hoxe as tres autovías. Incluso o Goberno galego lle pediu ao ministro dar un pulo a todas as estradas de Galicia incluíndo, por suposto, a A-56, a A-54 e a A-74 que é moi importante para a fábrica de aluminio de San Cibrao”. Por iso sinalou que “negarse a apoiar o seu avance é facer moi pouco na súa defensa” a pesar de que “o señor Castro traia unha máscara en apoio” á planta mariñá. “Iso está ben; pero facer política é levar propostas ao DOG e ao BOE que é onde o PP o fixo sempre”.
A proposta dos populares era “máis ambiciosa” que a do Goberno da Deputación. O Grupo Popular pedía ao Executivo central partidas para “as autovías da provincia nos Orzamentos do Estado que parece que xa ten arranxado o PSOE con Podemos”.




















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



