Lugo, a 02 de outubro de 2020. A non concesión polo Goberno central, presidido polo socialista Pedro Sánchez, da parte de aportación que lle correspondía para o Plan de Sostenibilidade Turística de A Mariña, cuxo máximo representante e o tamén socialista Francisco Cajoto, alcalde de Foz, levanta unha verdadeira tormenta política nesta comarca lucense. O portavoz municipal do PP en Foz, Javier Castiñeira, tamén portavoz provincial do partido, sinala: “Dende o Partido Popular de Foz entendemos que os acontecementos destes últimos días poñen de manifesto que o señor Cajoto contaxia a súa parsimonia na xestión á Mancomunidade da Mariña. Os problemas internos do alcalde de Foz co seu equipo, as conseguintes dimisións, os cambios que está a realizar no seu goberno e a inestabilidade absoluta que temos no Concello de Foz trasládase á Mancomunidade de Municipios; está demostrando non saber xestionar ningunha das dúas entidades”. En síntese, o portavoz popular di que “os problemas de Cajoto en Foz págaos A Mariña no seu conxunto coa perda do Plan de sostenibilidade turística”.
Castiñeira considera que “neste caso o exemplo do que dicimos é a perda da subvención no Plan de Sostenibilidade Turística, que o Estado vén de denegar á Mariña lucense un día despois de que o propio Cajoto anunciase, con exceso de optimismo como agora se comproba, que confiaba en ter esas axudas. E todo iso despois de varios meses solicitando un plan de activación turística despois do brote de covid na Mariña”.
No Partido Popular entenden “que o señor Cajoto non está en condicións de presidir nin a Mancomunidade nin o Concello”. Castiñeira di: “Cremos que abarcou demasiado cando sen experiencia nin equipo nin proxecto se decidiu a presidir as dúas entidades; está prexudicando seriamente aos veciños de Foz, en particular, e aos da Mariña en xeral”.
Para o portavoz popular, “o señor Cajoto non foi perseverante no seguimento desta subvención, que era importantísima, de maneira que outros se lle anticiparon, como é o caso da ribeira Sacra”. Castiñeira destaca que “a Xunta de Galicia mostrou o seu máximo apoio, e de feito tiña a parte de financiamento que lle correspondería apartada para no caso de que o Estado concedera a súa parte poñer en marcha o plan”. Engade: “O presidente da Mancomunidade e alcalde de Foz ten que recoñecer a súa deficiente xestión e non botar a culpa a ninguén. O compromiso da Xunta era igual para todas as opcións. A pouca axilidade, a parsimonia na xestión, levouno a perder esa subvención tan importante para os intereses da Mariña e de Foz”.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



