Ribadeo, 3 de outubro de 2020. O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo e tamén deputado autonómico, Dani Vega, pon en valor a inxección de 51.714 euros da Xunta de Galicia para o arranxo de varias vías deste municipio. Trátase do 82% do investimento total, que ascende a 62.574 euros, e que permitirá a reparación dos accesos aos núcleos de Saa, Somo e Marelle.
O popular continúa así sendo “o nexo de unión” da administracións autonómica a nivel local, co fin, di, “de seguir xestionando orzamento que beneficie aos ribadenses”.
Obras, ao detalle
Os traballos, explica Vega, consisten no varrido de superficie sobre a que se aplicará un rego de imprimación, na limpeza de cunetas e pasillos, na colocación dun paso salvafoxos cos seus paramentos de formigón, na aplicación de firme de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor, na creación de pasillos con zahorra artificial nun ancho de 30 cms e na instalación de sinalización horizontal.O importe da axuda, incluída no Plan Marco, distribúese do seguinte xeito: anualidade 2020 (50% da subvención: 23.191 euros) e anualidade 2021 (50% da subvención: 23.191 euros).
“Son obras moi necesarias, pois son estradas moi transitadas. Contribuirán, por tanto, a dotar dun mellor servizo aos usuarios destes accesos”, manifesta o deputado autonómico, quen adianta que “seguiremos xestionando orzamento dentro da programación de arranxo das nosas infraestruturas”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



