A Mariña, 30 de outubro de 2020. Continúan as rutas de A Mariña en Ruta programadas para este outono, unha iniciativa que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense puxo en marcha co apoio da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación de Lugo e que coordina a empresa de ecoturismo Maremasma. Este mes de novembro o ente propón descubrir centros históricos, portos baleeiros e bosques autóctonos cheos de cogomelos, coma sempre, da man de guías e axentes locais.
Desde a Mancomunidade explican que “debido á actual situación e ao nivel 2 de restricións no que se atopa Galicia para a organización deste tipo de actividades as prazas dispoñibles tiveron que verse reducidas a 4 persoas mais o guía. Ademais do uso obrigatorio de máscara e da pertinente distancia de seguridade”.
A primeira das rutas de novembro terá lugar o día 7 a partires das 10:30 da maña con saída da praza de España, de Ribadeo. Será a denominada O Ribadeo dos comerciantes, que será guiada por Sofía López. Neste paseo percorrerase o centro histórico de Ribadeo. O antigo recinto amurallado da vila desenvólvese desde o século XII ao XIX grazas ao intenso comercio por vía marítima. Nas súas fermosas rúas, pazos brasonados e grandes caseróns de comerciantes mestúranse con pintorescas vivendas de pescadores e artesáns, nun conxunto urbano cuxa historia non te deixará indiferente. En Ribadeo chegou a haber representantes consulares de diversos países de Europa e América.
A segunda ruta será a chamada San Cibrao, porto baleeiro, dende a Idade Media ata a actualidade. Será o 15 de novembro, estará guiada por Anxo Cao e partirá ás 10:30 horas de Asteleiros Fra Rico. San Cibrao é un dos primeiros portos baleeiros do Cantábrico e contarase a súa evolución histórica, dende as baleas que se cazaban na Idade Media ata as que se capturaban nos anos 70. Explicaranse en profundidade as especies de cetáceos que se poden ver en Galicia, e o seu estado de conservación na actualidade. Aproveitarase de igual maneira para falar sobre a relación histórica deste pobo co mar.
E a terceira ruta discorrerá pola Fraga das Leiras. Chámase Cogomelos do noso monte e terá lugar o 21 de novembro a partir das 10:00 da mañá con saída desde Ferreira do Valadouro. Este roteiro micolóxico será guiado por Pedro Rolle. A Fraga das Lerias está situada entre O Cadramón e Frexulfe. Esta fraga posúe unha cantidade de especies vexetais autóctonas incomparable a calquera das da súa contorna. No seu percorrido pasarase por bosques autóctonos en busca de fungos. Os asistentes aprenderán a identificar os diferentes cogomelos que se poden atopar na comarca, descubrindo o seu valor biolóxico e gastronómico. Ademais durante todo o percorrido gozarán dunha paraxe natural de gran biodiversidade e dunhas vistas outonais preciosas das montañas que rodean o val.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, recorda que “a seguridade sanitaria é o primeiro, por iso se tomarán todas as precaucións oportunas e está previsto un posible retraso das actividades se as autoridades sanitarias así o dispuxesen. En todo caso, a Mancomunidade segue a traballar e cremos moi positivo neste momento continuar coa posta en valor do noso patrimonio cultural, histórico e natural, cunhas rutas que están a ter unha acollida inmellorable”.
Toda a información sobre as rutas, a súa duración, as características, etc… está na páxina web do proxecto enruta.amarinalucense.gal e a través das redes sociais de Turismo da Mancomunidade:
@amarinalucense.turismo
@visitamarinalucense
@amarina_turismo
Para participar é necesaria inscrición previa na web. Aquelas persoas que desexen máis datos poden contactar con enruta@amarinalucense.gal ou co teléfono 772 16 41 06.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



