Foz, a 13 de outubro de 2020. A xestión do bigoberno (PSOE-BNG) de Foz amosa unha das súas caras máis desagradables no que atinxe á relación co Club de Atletismo Ría de Foz, o club deportivo coa directiva máis nova de Galicia. O desprezo co que o goberno local trata a esta entidade merece a total reprobación do grupo popular, en xeral, e do seu portavoz, Javier Castiñeira, en concreto. Sinala: “O grupo municipal do PP quere expresar o seu máximo apoio e compromiso coa nova directiva do Club de Atletismo Ría de Foz; dámoslle moito ánimo e forza fronte ao ninguneo que sufre por parte do goberno municipal do Partido Socialista e BNG. É inaudita, vergoñenta e inexplicable a falta de apoio do bigoberno focense a este club”.
O portavoz popular sinala: “É inaceptable a actitude do bipartito, especialmente a da concelleira de Deportes, a nacionalista Gema Méndez, evitando co seu pasotismo dar solucións aos problemas que este club lle trasladou en reunións anteriores; parece ser que incluso empeorou a situación despois de verse con esta concelleira do goberno municipal”. Engade Castiñeira: “Pedimos á señora Méndez que resolva canto antes a coordinación das instalacións para que este club poida adestrar con total normalidade e empece a buscar un local municipal, para que poida ter unha sede social como o resto de clubs; reclamamos que o Concello non reduza as axudas e que tente de incluír nas próximas subvencións nominativas a propia do Club de Atletismo Ría de Foz, que se outorgan anualmente”.
O portavoz popular manifesta: “Non podemos consentir que o goberno non apoie aos clubs emerxentes, como é o Ría de Foz, que ademais colleita éxitos persoais e colectivos e demostra día a día un gran compromiso co atletismo focense; organiza eventos de gran transcendencia como o Run-Foz-Run que xunta a máis de mil corredores e a Run Nadal”.
Castiñeira resalta que o Ría de Foz “é un club que está cubrindo un espazo que non tiñamos cuberto, que da saída aos rapaces que saen do deporte escolar e queren seguir dedicándose ao atletismo, e a moitos adultos que son afeccionados”. Insta a Méndez a que “cambie de actitude, dea solución aos problemas e deixe de poñer paus na rodas; menos pasotismo, máis eficacia e decisión e sobre todo respecto por aqueles que si aman o deporte como é o caso do club Ría de Foz”.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).