Ribadeo, 16 de outubro de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que, segundo os datos que publica a Xunta, este concello é un dos que rexistra pouca ou nula existencia de veciños e veciñas afectados por coronavirus. Aínda así o rexedor declara que “a situación boa hoxe pode ser terrible mañá ou pasado” e por iso ven de asinar dous Bandos. Nun deles recomenda encarecidamente ás asociacións e agrupacións veciñais non facer uso das distintas instalacións municipais distribuídas pola vila e polas parroquias, co obxectivo de extremar as precaucións ante o Covid-19. No segundo informa que as Escolas Deportivas Municipais quedan aprazadas ata novo aviso e solicita que non se realicen tampouco en Ribadeo adestramentos colectivos.
O alcalde ribadense dixo que “segundo os datos que está a publicar a Xunta de Galicia, podemos dicir que nestes momentos Ribadeo é un dos concellos con pouca ou nula existencia de veciños e veciñas afectados por coronavirus. Todos sabemos que pasamos malos momentos no verán e que a situación boa hoxe pode ser terrible mañá ou pasado. Entendemos, polo tanto, que a cidadanía temos que seguir coas nosas vidas, cos nosos traballos, coas nosas actividades de lecer e deportivas, pero debemos tamén reducir os riscos ao mínimo, especialmente para as persoas que teñan un maior risco de sufrir esta doenza”.
Suárez Barcia explicou que “acabamos de emitir dous Bandos, un deles referido ao mundo do deporte local e outro relativo ao uso das instalacións municipais na vila e nas parroquias por parte de asociacións ou de agrupacións de veciños. No do ámbito deportivo temos que dicir que o Concello ven, desde hai anos, apoiando o deporte de base en multitude de actividades deportivas, a través das escolas deportivas municipais que financiamos para máis de 400 nenos e nenas de entre 4 e 14 anos, e que así seguirá sendo aínda que neste momento queremos anunciar que estas escolas, do curso 2020/2021, quedan aprazadas ata que se dean as condicións óptimas para que se poidan desenvolver sen poñer en perigo nin a saúde dos participantes nin a do resto dos habitantes do concello. Tamén neste Bando recomendamos que, en tanto non haxa data de inicio de competicións oficiais, non se realicen adestramentos colectivos. Con todo, se algunha entidade ou club quere utilizar as instalacións deportivas municipais deberán cumprir obrigatoriamente unha serie de requisitos como a presentación dun seguro de responsabilidade civil, designar unha persoa responsable por grupo, a aceptación de protocolos das instalacións, etc…”.
O rexedor engadiu que “en canto ao Bando de uso de inmobles municipais para xuntanzas na vila ou nas parroquias, tamén recomendamos encarecidamente non facer uso destas instalacións en tanto a situación que indican as autoridades sanitarias non dea seguridade, especialmente para colectivos de xente maior. Pero con todo, se algunha entidade ou asociación desexa utilizar as instalacións municipais deberá comprometerse tamén a cumprir determinados requisitos obrigatorios similares ao bando deportivo”.
O alcalde insistiu en que “todo isto é porque desde o Concello queremos, con estas actuacións, adaptarnos a esta realidade que nos toca vivir desgraciadamente e que, por imprudencias perfectamente evitables, non esteamos toda a poboación en situación de perigo”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



