Cervo, 19 de outubro de 2020. O BNG cervense, a través dos seus portavoces municipais Diego Fernández e Xorxe Caldeiro, denunciaron que unha avaria no único ascensor existente no Centro de Día-Residencia da Terceira Idade de San Cibrao, cuxa reparación non se prevé en varias semanas, condiciona gravemente a calidade asistencial das persoas residentes. Os nacionalistas denuncian que persoas internas con dormitorios no terceiro andar do edificio son levantadas por orde da dirección do centro a partir das cinco da mañá e non a partir das sete e media, como é norma, debido á falta de persoal. A ausencia de ascensor operativo fai que a louza e cubertos de servizos se freguen nos propios cuartos, ou que todo o material de comidas ou lavandaría suba e baixe por escaleiras desde o soto do edificio, onde se sitúan a cociña e a lavandería, causando cuantiosos trastornos de intendencia e servizo que deterioran a calidade asistencial.
Un ano de denuncias por mala xestión da concesionaria, despreocupación do goberno local e consecuencias na calidade asistencial.
O BNG leva un ano cuestionando a xestión que fai a empresa “Mensajeros de la Paz”, concesionaria da xestión do Centro de Dia-Residencia da Terceira Idade de San Cibrao. “Hai un ano denunciabamos as malas prácticas desta empresa, a nefasta xestión de persoal, e a ausencia de seguimento e control por parte do goberno local no cumprimento do prego de condicións da privatización, causando hai un ano, e tamén hoxe, graves consecuencias nas persoas usuarias”, afirmaron os concelleiros nacionalistas Diego Fernández e Xorxe Caldeiro.
A nefasta política de persoal segue provocando o deterioro da calidade asistencial chagando nalgún caso a extremos inadmisíbeis
Nesta ocasión, desde o BNG, denuncian que “a falla de persoal suficiente para atender as persoas maiores residentes ou asistentes ao Centro de Día fai que desde a dirección se deran instrucións ao persoal para levantalas a partir das cinco da mañá e non a partir das sete e media, como fixa a norma interna”, algo que desde a formación nacionalista cualificaron de “inhumano e motivo de revisión da concesión, xa que a mala praxe empresarial non pode, nin debe, ter nunca consecuencias nas persoas usuarias”.
Un edificio construído para ofrecer un servizo destas características non pode ter un único ascensor
Diego Fernández e Xorxe Caldeiro cualificaron de “grave defecto estrutural do edificio” a existencia dun so ascensor que cando sofre unha avaría condiciona totalmente o funcionamento do centro. Os nacionalistas afirmaron que “a avaria do único ascensor existente durante varias semanas, está provocando deterioro no servizo ás persoas usuarias, xa que tanto as cociñas como a lavandaría e toda a intendencia necesaria para o funcionamento do centro está tres andares por baixo dos cuartos das persoas residentes”, explicaron. O contratempo da avaria do ascensor “alén de incrementar notabelmente o traballo do persoal, fai que as dificultades para a mobilidade dalgunhas persoas internas empeoren gravemente, ou que os cuartos acaben convertidos en vertedeiros de louza e cubertería usada nalgúns servizos de habitación”, denunciaron desde a formación nacionalista.
Malia os numerosos problemas denunciados desde a privatización do centro, o concello renovou a concesión a Mesajeros de la Paz
O BNG informa de que o goberno municipal, lonxe de exercer as súas responsabilidades para velar pola excelencia na atención as persoas renovou o pasado 14 de xullo a concesión a Mensajeros de la Paz por un ano, prorrogábel a dous. Malia a mala xestión empresarial, como dan conta o recambio da práctica totalidade do cadro de persoal, cambios na dirección, ou organización de quendas con periodicidade dun mes no canto dun ano que se cambian cando o centro recibe a visita da inspección de traballo, concluíron

















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



