
Foto de arquivo
A Mariña, 27 de outubro, 2020. Para o BNG é imprescindible contar cun sistema sanitario público forte e cunha Atención Primaria reforzada como porta de entrada, sen recortes e que permita responder ás necesidades de saúde da poboación.
Diante desta pandemia a Xunta tomou a decisión de reducir drásticamente a asistencia presencial, centrando a atención preferentemente na consulta telefónica, o que está ocasionando moitas dificultades tanto @s profesionais coma á poboación, con sobrecarga da atención telefónica e de carga burocrática.
É preciso dotar a Atención Primaria dos recursos orzamentarios, materiais e humanos suficientes para afrontar con totais garantías a nova situación
Neste sentido @s nacionalistas demandaron en varias ocasións nos orzamentos da Xunta dotación orzamentaria par a Atención Primaria, a última vez hai dous meses nunha proposición non de lei no Parlamento na que demandaron contemplar nos orzamentos da Xunta para o 2021, como mínimo un aumento de 200 millóns de euros para un Plan de Atención Primaria no camiño de chegar ao 25% do orzamento.
Atención presencial, aumentar o número de profesionais, aumentar os orzamentos, reducir listas de espera e modificar o decreto que regula as Áreas Sanitarias.
Co obxectivo de que a Xunta adopte medidas para paliar esta problemática, o BNG diríxese aos concellos para que insten á Xunta a realizar de inmediato todas as accións precisas para activar a atención presencial en Atención Primaria co persoal e as medidas de prevención de contaxios precisos, aumentar o número de profesionais nos centros de saúde, aumentar os orzamentos destinados a atencion primaria en 200 millóns de euros, modificar o decreto que regula as Áreas e Distritos Sanitarios e publicar de inmediato a situacion das listas de espera hospitalarias e poñer en marcha un plan de choque para reducilas.





















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



