Cervo, 3 de outubro de 2020. No pleno ordinario celebrado esta semana o Concello de Cervo –cos votos a favor do PP e do BNG, e abstención do PSOE- aprobou unha proposta de Alcaldía presentada a instancias da Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos (AGADE), en defensa do emprego vinculado ao sector do mar-industria ante o risco que supón o proxecto de modificación da Lei de Costas do Estado para un sector estratéxico en toda Galicia e no noso municipio.
Tal e como precisan desde o Concello de Cervo, unha vez máis posicionámonos, como non podía ser doutro xeito, a favor do sector do Mar-Industria que vive intres de absoluta incerteza ante a ameaza de modificación do proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética, no relativo especialmente aos períodos de concesións no dominio público marítimo-terrestre “que mantén en vilo a todo un sector que ve como os prazos para presentar alegacións ao proxecto de reforma da Lei se prorrogan unha e outra vez, provocando inseguridade e inquedanzas no seo deste sector fundamental no eido económico e social na nosa Comunidade Autónoma”.
É a segunda proposta de Alcaldía que se aproba en pleno en apoio a este sector; xa que o pasado 30 de xaneiro, e tamén a petición de AGADE -cos votos a favor do PP e coa abstención do PSOE e BNG- saíu adiante outra iniciativa contra o Proxecto de reforma do Regulamento de Costas.
En concreto, este xoves, a Corporación municipal de Cervo acordou en pleno –cos votos a favor do PP e BNG, e a abstención do PSOE- instar ao Goberno de España a:
1. Que se modifique a redacción do proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética, garantindo a seguridade xurídica e a estabilidade a todo o sector da industria litoral, en particular, no relativo aos prazos das concesións no dominio público marítimo-terrestre
2. Que cando se leve a cabo a modificación da normativa de Costas se teña en conta ao sector Mar-Industria alimentario de Galicia e, en particular, o piscícola, pola súa relevancia social e económica para a nosa Comunidade Autónoma.
3. Manifestar o noso apoio institucional á continuidade de actividade e do emprego vinculado ás empresas acuícolas e, en particular, ás iniciativas sustentables que se desenvolven no noso municipio.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



