Mondoñedo, a 08 de outubro de 2020. O Concello de Mondoñedo impulsa a creación da prestación de atención postemperá (máis de 6 anos) para complementar o Servizo de Atención Temperá que cubre as idades comprendidas entre 0 e 6 anos. Esta decisión obedece ao convencemento de que é unha necesidade real. Beneficiaranse, nun momento ou noutro, ao redor de corenta familias. A concelleira Ángeles Rodríguez Rico, tenente de alcalde e responsable de Servizos Sociais, sinala que “é necesaria a ampliación do servizo para favorecer a integración plena dos menores”. Actualmente tamén manifestaron o seu interese en participar os concellos de Meira e Pol e en Mondoñedo están moi interesados na súa integración.
No Concello consideran que é preciso prestar atención postemperá tamén para evitar que, de repente, ao cumprir seis anos, quede suspendida a atención que precisan os nenos adscritos a este servizo, polo simple feito de acadar unha determinada idade. Evitarase así que queden sen posibilidade de seguir co procedemento terapéutico que se estaban a desenvolver debido ó lugar onde viven, dificultando así a súa integración social.
Por outro lado, este mesmo servizo de atención postemperá pode cubrir outras necesidades. Apuntan que dende o pasado verán está aberta unha minirresidencia de menores, xestionada pola Fundación Educativa e Social Dignidade, e algúns usuarios da mesma poderían necesitar atención e sesión terapéuticas que esta unidade podería resolver de xeito satisfactorio para os residentes. A entidade que xestiona esta minirresidencia é a Fundación Educativa e Social Dignidade.
Hai que recordar que no ano 2018 publicouse a orde do 27 de marzo pola que se estableceron as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciados polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procedeu á súa convocatoria para o ano 2018. Asinouse entón un convenio de colaboración da Agrupación de Concellos de Abadín, Mondoñedo, Pastoriza, Riotorto, e Trabada para a creación dun Servizo de Atención Temperá (SAT) de xestión compartida por esta Agrupación, para atender á poboación infantil de 0 a 6 anos, ás súas familias e á súa contorna. Ten por obxectivo atender o máis axiña posible as necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con trastornos no seu desenvolvemento ou risco de padecelos. No ano 2020 esta agrupación de concellos abarca 8 municipios, incluídos posteriormente Barreiros, Lourenzá e A Pontenova.
O Servizo de Atención Temperá leva atendidos ata o ano en curso (2020) 37 nenos e ás súas familias, que constitúe o 6,15 % da poboación de 0 a 6 anos.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



