Foz, 10 de outubro de 2020. O Concello focense presenta imPULSA FOZ, unha campaña nova que busca reactivar o municipio en todos os ámbitos: cultural e económico, pero tamén anímico e social. Foi presentada polo alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro Chema Linares; e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo.
O rexedor municipal explica: “trátase de facer distintas iniciativas baixo un mesmo paraugas, transmitindo positividade. Dentro dun contexto moi complicado de pandemia do COVID-19 todas e todos tivemos que aprender a convivir co virus e a ser responsables da nosa saúde, a título individual pero tamén colectivo. Foz foi sempre tradicionalmente un concello moi activo e non queremos en ningún caso que se perda esa pulsión; é por iso que presentamos esta campaña, na que un dos obxectivos principais é apoiar ao comercio local e ao sector da hostalería, que non están a pasar por un bo momento. Hai que sacar peito e perder os medos, Foz ten moito que ofrecer”.
O alcalde relaciona as distintas liñas que se programan, con actividades que nalgún caso xa están a comezar e noutros atópanse nunha fase inicial de desenvolvemento:
– imPULSA CULTURA: Programa de teatro e distintas actividades nun momento difícil para o sector, co obxectivo de promover a cultura e os desprazamentos a Foz en tempada baixa de turismo. Potenciarase a tradicional programación cultural con accións novas.
– imPULSA SAÚDE: Información médica ofrecida nun ciclo de conferencias grazas á colaboración do Hospital da Costa e da súa xerente, María José Cortés. Trátase de ofrecer información útil e veraz a veciñas e veciños sobre distintos problemas de saúde. Este ano enfocarase tamén á grave pandemia mundial que estamos a padecer.
– imPULSA LECER: Posta en valor dos atractivos e actividades lúdicas que podemos realizar no noso concello, incidindo na práctica de deporte e roteiros ao aire libre. Haberá propostas e colaboracións para facer máis ameno o tempo libre nun momento en que o ocio está a cambiar.
– imPULSA COMERCIO: Realización de campañas de promoción do noso comercio local, con distintas accións que animen a todas as veciñas, veciños e visitantes a mercar no comercio de proximidade, con regalos e sorpresas. Apoiaremos tamén á ACIA-CCA de Foz en todas as súas promocións, de gran éxito durante o verán.
O concelleiro de Asuntos Económicos, Turismo e Comercio, Chema Linares, considera moi necesaria esta campaña: “el Concello de Foz continúa trabajando, pensando en los vecinos y también en el apoyo y promoción de nuestro comercio local, sustento de muchas familias. A pesar de la difícil situación, para pueblos costeros como Foz se están abriendo oportunidades: hemos constatado un aumento de población muy importante desde enero, a pesar del grave problema de Alcoa, aumentando el censo en 185 habitantes”.
A campaña imPULSA FOZ “contará cunha importante promoción neste sentido, poñendo en valor un Foz que é moi posible: incidindo na nosa vila como sitio idóneo para teletraballar e que se converta en lugar de residencia para xoves e novas familias”, destacou Fran Cajoto.
O presidente de ACIA Foz comentou: “agradecemos esta iniciativa, que pon en valor o pobo. O traballo en equipo e a colaboración entre a Administración e distintos colectivos xeran un dinamismo atractivo, cultural, deportivo, económico e social. É o camiño para fortalecerse nas situacións nas que nos atopamos neste momento e as que van a chegar, loitando por un mesmo obxectivo local e comarcal”.
























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



