A Mariña, 6 de outubro de 2020. Mariña Patrimonio continúa co ciclo de conferencias online, que iniciou o pasado mes de maio, organizando con Miguel Losada, arqueólogo e antropólogo, unha nova charla “O Enigma do Formigoso: Unha fortificación no Castelo Pequeno de Santigoso”, que se poderá seguir na canle de Facebook de Mariña Patrimonio o vindeiro venres 9 de outubro a partir das 19.30h. Achegamos un texto no que Miguel Losada nos introduce no tema:
Houbo alguén, non sabemos quen, que, non sabemos cando, deseñou, moveu e colocou non menos de 100.000 toneladas de materiais, áridos e pedras, para construír unha enorme estrutura arquitectónica dunhas 13 hectáreas, integrada por murallas, foxos, noiros e áreas de pedras fincadas visible inda hoxe dende quilómetros no cimo dunha montaña galega de case que 1300 msnm e tampouco sabemos o porqué.
Até hai unha década este lugar pasara inadvertido para a investigación e para o resto da sociedade. Fora do eido estritamente local e malia ser unha construción moi visible na paisaxe, O Formigoso do Castelo Pequeno de Santigoso, Concello da Mezquita, Ourense, non existía. Trátase pois dun verdadeiro descubrimento arqueolóxico que apenas dende 2017 está sendo obxecto de investigación por parte da empresa A Citania Arqueoloxía e Xestión do Patrimonio.
Probablemente, se en calquera outra parte de Europa, acontecese o descubrimento dunha inmensa fortificación nas alturas semellante a esta e ademais a súa orixe, función e significado seguise sendo un enigma logo de varias campañas de traballos, entón a noticia enchería titulares.
Esta intervención propiciada por Mariña Patrimonio e realizada por parte dunha das persoas integrantes do equipo e traballo, pretende dar a coñecer a existencia deses traballos desenvolvidos sobre este lugar mailos seus arredores e dos datos que ó respecto están xa ó dispor da sociedade.
Ademáis do relator, tamén van intervir, para contrastar os seus puntos de vista, Israel PIcón, arqueólogo participante nesta excavación, e Xurxo Salgado, xornalista e historiador. Ao remate, os asistentes en liña a través de Facebook terán ocasión de facer preguntas e comentarios.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



