Madrid, 6 de outubro, 2020. A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, explicou hoxe, durante a sesión de control do Senado, que “el Gobierno sigue comprometido con el futuro de la factoría de Alcoa en A Mariña y estamos analizando en estos momentos todos los instrumentos disponibles dentro del ordenamiento jurídico y del marco de la Comisión Europea para garantizar un futuro industrial”. E engadiu que, a pesar da negativa de Alcoa de vender a súa factoría en Lugo, o interese de Liberty House por investir na planta continúa e o seu proxecto garante o futuro da planta.
A ministra lembrou que onte mesmo enviouse un requirimento a Alcoa para fiscalizar as axudas por CO2 correspondentes a 2019 e verificar que se cumpren cumpre os requisitos necesarios para recibir estas axudas.
Pola súa banda, o secretario xeral de Industria e Peme, Raül Blanco, convocou unha nova reunión da Mesa Multilateral sobre o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao, coa asistencia, a través de videoconferencia, co vicepresidente da Xunta de Galicia, Francisco Conde, e representantes sindicais da factoría.
Blanco explicou aos asistentes que o Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia van extremar a vixilancia sobre Alcoa e esixiranlle que xustifique o cumprimento da lexislación laboral e ambiental. No caso de que existan evidencias dalgún tipo de incumprimento, pediráselle que devolva todas as axudas públicas recibidas. Na reunión Blanco manifestou que os próximos días serán decisivos e é importante manter a unidade de acción para conseguir o mellor desenlace.