Lugo, a 7 de outubro de 2020. Os países e as poboacións que teñen unha estrutura industrial forte son os que mellor resisten nesta crise económica derivada da pandemia por covid-19. Este feito é unha demostración do que xa se sabía. Na provincia de Lugo, a Deputación, por medio de Suplusa, proxectou distintos polígonos industriais, co fin de que Lugo puidese ofrecer atractivos para o asentamento de empresas. Foi unha decisión acertada. Hoxe, con Suplusa en proceso de disolución, a Deputación non parece disposta a asumir os compromisos adquiridos pola citada sociedade para o desenvolvemento de solo industrial en distintos concellos da provincia. O grupo municipal do PP insta ao goberno da Deputación, presidido polo socialista José Tomé, a cumprir os compromisos adquiridos e adoptar as medidas necesarias para sacar adiante os parques empresariais proxectados, á vez que destaca que o bigoberno tenta eludir estes compromisos. Un dos polígonos pendentes é o de Riotorto. O portavoz provincial, Javier Castiñeira, xunto con outros membros do seu grupo, e o alcalde, Clemente Iglesias González, visitaron esta mañá os terreos nos que xa tería que estar operativo este necesario, esperado e demorado pola Deputación parque empresarial. Neste senso, solicitan ao presidente desta institución que inclúa nos Orzamentos de 2021 a partida correspondente para a execución desta área industrial.
Javier Castiñeira destaca que o presidente da Deputación, que ao pouco de iniciado o actual mandato asegurou que o organismo provincial atendería os compromisos adquiridos por Suplusa, dixo moito máis recentemente, en sesión plenaria, que os protocolos establecidos polo organismo provincial non serven para nada. E aínda máis recentemente, na sesión plenaria celebrada no pasado mes de setembro, a deputada socialista Mayra García e a nacionalista Mónica Freire presentaron unha emenda a unha moción do PP na que pedían que se retirase un punto da proposición na que se instaba á Deputación a cumprir todos os compromisos adquiridos por Suplusa en canto a creación de parques empresarias; queda claro, por tanto, cal é a verdadeira vontade do bigoberno provincial.
A vontade real do goberno provincial con respecto aos parques empresarias comprometidos xa quedou de manifesto en novembro do ano pasado no debate da moción popular na que se pedía que no presuposto provincial para o actual exercicio económico (2020) se reservase unha partida finalista para a licitación e urbanización do polígono industrial de Vilarín no Concello de Riotorto. Naquel momento, os populares, por boca de José Antonio García, sinalaron: “Os trámites administrativos foron iniciados polo Concello fai catro anos cando presentou e tramitou o necesario plan especial urbanístico para o asentamento de naves e empresa. Nestes catro anos, o Concello de Riotorto foi conseguindo tódolos informes sectoriais e legais precisos para o parque empresarial fose unha realidade. O proceso de tramitación administrativa finalizou o 12 de novembro de 2019, coa aprobación definitiva, pola Xunta de Goberno do Concello, do proxecto de urbanización do parque empresarial Vilarín de Riotorto, que ten un orzamento de 402.250,48 euros. Agora é esta Deputación a que ten que subrogarse nas súas obrigas e nos seus compromisos cos proxectos desta provincia”. Pero xa entón tanto PSOE como BNG votaron en contra desta iniciativa.
O portavoz provincial do PP sinala: “É o momento de que o goberno provincial, e sinaladamente o seu presidente, digan se van manter ou non os compromisos adquiridos por Suplusa. Dende logo non hai nada que xustifique o non facelo. O caso de Riotorto é un exemplo de como a falta de interese do goberno provincial dana os intereses dun municipio que necesita dispoñer de solo industrial e pon da súa parte todo o necesario”. Engade Javier Castiñeira: “Señor Tomé, déixese de desculpas, asuma as súas obrigas e traballe polo interese da provincia, do que forma parte a creación dos parques empresarias proxectados no seu día por Suplusa e tan necesarios para concellos como o de Riotorto”.
Castiñeira tamén sinala: “ Equivócase o socialista José Tomé se pensa que imos deixar de reclamar que faga o necesario para que a Deputación cumpra os compromisos de Suplusa; hoxe estamos en Riotorto, precisamente, para recordarlle que ten un parque empresarial que desenvolver neste concello”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



