Lugo, a 3 de outubro de 2020. O Partido Popular leva a toda a provincia a recollida de sinaturas para expulsar aos okupas en doce horas. A presidenta provincial e deputada autonómica, Elena Candia, acompañada de deputados e senadores por Lugo, e do voceiro da agrupación de Lugo, Ramón Carballo, abordou esta problemática nunha reunión con representación da asociación Gatos Roxos.
Deste xeito, Candia, Jaime De Olano e José Manuel Barreiro asinaron o documento co que demandan, ademais, que a ocupación con violencia se castigue con penas de cárcere de un a tres anos e a incitación a cometer este delito con penas de tres meses a un ano, así como que non se poidan empadroar en vivendas nas que se atopan ilegalmente.
Os populares consideran, engadiu a dirixente dos populares na provincia, “que estamos ante un problema ao que hai que facer fronte e non o podemos obviar”. Elena Candia referiuse así aos casos existentes en Lugo cidade e incluso tamén noutros Concellos da provincia, como pode ser o de Sarria, e dos que os populares teñen constancia.
Esta campaña provincial, iniciada xa onte na cidade polo PP local, dá continuidade a outras iniciativas emprendidas tamén pola agrupación da capital, como foi a creación dunha oficina de asesoramento para os afectados, e que, sen embargo, non contou co respaldo do goberno local, demostrándose así que “o PSOE prefire estar máis do lado dos que delinquen, que dos que realmente se comportan de forma legal”, apuntou Candia.
A presidenta informou así, que a recollida de sinaturas se levará a cabo por toda a provincia. No caso das institucións, tamén presentarán mocións e propostas no mesmo senso.
Situación de Lugo
En Galicia existen unhas 100 denuncias activas en toda Galicia, motivo polo cal, explicou a presidenta, que a Xunta de Galicia xa se dirixise ao Goberno para solicitar un cambio normativo que tipifique estas posesións como delitos. Asemade, este mesmo venres, a conselleira de Medio Ambiente tamén anunciou que encargará un mapa de okupacións en Galicia e se habilitará un teléfono de información e asesoramento aos afectados. “Estamos ante un problema de orde pública que xera cada vez máis inquedanza social, pero tamén unha crecente inseguridade xurídica entre os propietarios, o que ten unha consecuencia directa no sector inmobiliario”, apuntou Candia.
E é que, segundo a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) dado a coñecer no mes de xullo deste ano, a situación empeorará se non se lexisla para garantir a seguridade xurídica do propietario, xa que o desahucio exprés é, a xuízo das empresas, insuficiente para frear estas condutas. Esta mesma fonte identifica o que denomina zonas quentes das ocupacións en Galicia, unha trintena nas sete cidades. En Lugo, as áreas máis afectadas pola irrupción dos okupas son: barrios da Milagrosa, das Gándaras, Feijóo e da Chanca.
Por outra banda, e segundo se pode obter do Instituto Galego de Estatística (IGE), a porcentaxe de vivendas baleiras en Galicia é cinco veces superior á media nacional. A cifra sitúase nas 299.000. Destas, 55.000 están en Lugo.
Os datos amosan tamén que o número de okupas vai en aumento e agárdase que, coa crise económica derivada da covid-19, estes se incrementen. Tal é así que, nos últimos cinco anos, a ocupación ilegal se disparou, chegando a duplicarse en trece provincias, entre elas Lugo e Ourense. Concretamente, e segundo a resposta facilitada polo Goberno aos deputados do PP, en 2019, Lugo contou con 10 feitos de ocupación ilegal. Dende xaneiro ata xuño deste ano, xa se rexistraron outros seis.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



