Viveiro, 2 de outubro, 2020. A proposta foi debatida na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do pasado 1 de outubro, na que o deputado nacionalista lembrou que as empresas asentadas no “Parque Empresarial de Landrove e moitas parroquias do concello seguen a traballar e vivir sen fibra óptica”. lembrando que “o Colexio de Primaria Galdo, que conta con máis de 160 alumnos e alumnas, non contan nin con ADSL” e pregúntase “como se vai poder exercer a teleescola?”. Castro tamén lembrou que ”o Polígono de Landrove segue sen fibra, pese a que o 1 de outubro de 2015 aprobouse o Plan de Banda Larga 2020”.
O proposta presentada polo BNG na Comisión vén despois de que a Concelleira do BNG de Viveiro, Miriam Bermúdez, preguntase no Pleno de febreiro de 2020 pola situación das conexións do Parque Empresarial de Landrove no que a alcaldesa do PSOE respondeu que non existía intención das empresas de telecomunicacións pola instalación da fibra neste polígono. A sorpresa chegou coa emenda presentada polo PSOE á proposta do BNG na Comisión do Parlamento Galego, na que o mesmo partido que goberna en Viveiro agora dí na Comisión que xa existe fibra no parque empresarial de Landrove. Mais a realidade é que a conexión de Banda Larga por fibra non chega a maioría das parroquias do Concello e non se despregou no Polígono de Landrove.
O PSOE está perdido e o PP non ten intencións de melloralo. A Xunta do PP respondeu a proposta nacionalista desentendéndose do problema, culpando ao Goberno Municipal e ao Goberno do Estado por non incluír o Polígono dentro das “zonas blancas” para poder acometer as melloras. Mais Viveiro conta con 132 núcleos de poboación incluídos en “zonas brancas” nos que a Xunta pode actuar, e unha ducia deles na contorna do Parque Empresarial.
Finalmente, a proposta do BNG non se aprobou polos votos en contra do PP, deixando o polígono de Landrove e moitas das parroquias e lugares de Viveiro sen conexión a fibra de banda larga a curto e medio prazo.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



