Ribadeo, 2 de outubro de 2020. As dúas residencias de Ribadeo celebraron con diversas actividades o Día do Maior. Na nova foi inaugurada polos propios usuarios a pista de petanca da que xa puideron gozar. A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, asegura que o seu departamento continuará traballando para que os usuarios e usuarias poidan seguir disfrutando de actividades como as de onte, xoves, e das que se fan diariamente en ambas instalacións.
Freire Rancaño contou que “nas residencias municipais de Ribadeo celebramos de xeito festivo o Día do Maior. No centro de atención a maiores, xa días atrás, tiveron un obradoiro de manualidades para elaborar os adornos para este día. Onte tiveron unha ampla e divertida programación. Ás once fíxose un taller de zumba adaptada, ás doce puidemos inaugurar a pista de petanca, incluído o corte da correspondente cinta. Ás doce e media tivemos unha competición de bolos, e para rematar á unha e media houbo un menú especial para este día. Ao longo da tarde houbo karaoke con baile para todos os usuarios e usuarias. Tamén no hospital asilo celebramos este día dun xeito moi especial”.
A concelleira ribadense dixo que “desde a Área de Servizos Sociais do Concello quixemos acompañalos e felicitalos nesta data dedicada. Seguimos traballando para que poidan seguir disfrutando destas actividades, pero tamén das que se fan diariamente en ámbalas dúas residencias”.
A edil de Servizos Sociais subliñou que “estamos moi orgullosos do traballo que se está a facer nas residencias. Somos coñecedores das dificultades e do esforzo que supón para toda a comunidade vinculada con elas, usuarios, familiares e traballadores, a actual situación relacionada coa pandemia do Covid-19. Non queremos deixar de destacar o encomiable esforzo realizado por todos eles para que a situación das residencias sexa a que é”. E engadiu que “a sona das celebracións foi tal que ata os sanitarios do Sergas quixeron participar delas e aproveitaron para facerlle unha PCR aos traballadores dos dous centros”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



