Lugo, 9 de outubro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este venres no Pazo de San Marcos ao novo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, tras a súa toma de posesión. Tomé Roca, quen lle entregou a Arias como obsequio institucional unha peza de cerámica de Gundivós, trasladoulle os seus mellores desexos nesta nova etapa dende a máxima lealdade institucional e amosoulle a súa vontade de “seguir mantendo unha relación fluída e de colaboración entre as dúas administracións para resolver os problemas que afectan á provincia”.
Neste senso, o mandatario provincial subliñou como cuestións fundamentais para o futuro de Lugo, “nas que debemos traballar para facer realidade”, o impulso das infraestruturas necesarias para vertebrar e desenvolver o territorio; un Plan de Dixitalización para eliminar zonas de sombra e favorecer a actividade económica e fixar poboación; un Plan de Industrialización que poña en valor o sector primario; e o reforzo dos servizos sociosanitarios e de educación.
En canto a infraestruturas, o Presidente da Deputación lembrou, entre outras, a necesidade de rematar a Vía de Alta Capacidade (VAC) Costa Norte, acometer o acceso ao porto seco de Monforte e o desdobramento completo do corredor Lugo-Monforte en autovía.
Así mesmo, José Tomé expúxolle ao delegado da Xunta na provincia que, para fixar poboación no rural e favorecer o seu desenvolvemento económico é imprescindible un Plan de Dixitalización que elimine todas as zonas de sombra da provincia dotándoas de cobertura e de servizo de telefonía móbil e de internet.
Un plan industrial para a provincia que poña en valor os recursos propios e favoreza a segunda e transformación dos produtos para xerar valor engadido no territorio é outra das cuestións que o Presidente ve fundamentais para impulsar o desenvolvemento harmónico do territorio, sobre todo do rural, que mellore a calidade de vida da xente e que fixe poboación.
En materia de benestar, o Presidente cre preciso un modelo que cubra as necesidades do conxunto do territorio da provincia, con servizos públicos de calidade e que non desarraiguen á poboación, tanto en materia de sanidade e de servizos sociais, como de educación.
José Tomé tamén abordou con Javier Arias as necesidades e reivindicacións da provincia a nivel estatal, como a creación dunha autoridade portuaria propia para Lugo, que contribúa a potenciar e diversificar a actividade industrial, ademais das partidas necesarias para avanzar na chegada do AVE a Lugo, o inicio das obras da A-76 (Ponferrada-Ourense) e que se complete a A-54 (Lugo- Santiago).





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



