Lugo, 8 de outubro de 2020. Os socialistas presentan unha ofensiva parlamentaria, tanto no Parlamento de Galicia como no Senado, para defender e apoiar aos traballadores de Alcoa, e para que o ERE presentado pola empresa sexa impugnado por fraude de lei.
O Grupo Parlamentario do PSdG no Parlamento de Galicia e o Grupo Parlamentario Socialista no Senado, rexistraron para o seu debate iniciativas parlamentarias coas que apoian aos traballadores e traballadoras de Alcoa, e demandan que o ERE sexa impugnado pola autoridade laboral por fraude de Lei, si finalmente é presentado.
Para os socialistas, coa ruptura unilateral de Alcoa das negociacións para a venda da factoría de San Cibrao a Liberty, “demostrou que o seu único obxectivo é deslocalizar a produción e deixar sen emprego aos seus traballadores levando á comarca a unha grave situación, tanto económica como social”.
Alcoa está “a manter un comportamento empresarial alleo ás boas practicas, sen indicio de responsabilidade social e merecedor do reproche da cidadanía e das súas institucións”.
As iniciativas socialistas, ademais, reiteran a esixencia a Alcoa para que de inmediato reinicie as negociacións para a venda, así como a demanda ao Goberno de España e á Xunta de Galicia para que sigan colaborando e presionando no obxectivo de evitar o peche da planta.
Con esta ofensiva parlamentaria, o Partido Socialista quere solicitar o maior apoio político, para asegurar que un novo investidor se faga cargo da actual factoría de Alcoa e asegurar o emprego e un futuro para A Mariña.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



