Lugo, 8 de outubro de 2020. Escolares de Barreiros e Lourenzá recibiron esta mañá a visita de Pili Bolechas coa nova proposta do programa de divulgación da Axencia Galega de Emerxencias sobre o uso responsable do número único europeo 112. Para achegar esta importante mensaxe, a irmá Bolechas estivo hoxe con alumnado de primaria do CEIP de San Cosme de Barreiros e despois trasladouse a Lourenzá, onde se reuniu cun grupo de 4º de primaria do CEIP Juan Rey.
A través de representacións teatrais, material audiovisual e obradoiros, os Bolechas explican cando se debe chamar ao 112 e os datos que hai que facilitar aos xestores de emerxencias para ter unha resposta axeitada en cada caso. As nenas e nenos puideron ver tamén un vídeo no que Braulio Bolechas amosa como funciona o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE112 Galicia) onde se reciben e xestionan todas as chamadas de emerxencias que se producen na comunidade autónoma galega. Tras a proxección o alumnado participou nun obradoiro destinado a afondar nos coñecementos adquiridos e aclarar posibles dúbidas, facendo especial fincapé na importancia de facer un bo uso do número de emerxencias 112. Unha mensaxe que poderán ampliar co material didáctico sobre o 112 recibido ao final da actividade, que se realiza seguindo as máis estritas medidas de seguridade.
Proxecto multidisciplinar, tamén en dixital
Esta proposta enmárcase nun amplo programa didáctico destinado á poboación infantil que a Axega puxo en marcha hai uns meses co fin de concienciar desde as primeiras idades na importancia que ten o bo uso do número 112. Para iso, ademais do audiovisual, publicouse un libro dos Bolechas no que, a través dunha divertida aventura, se explica como funciona o servizo de emerxencias na nosa comunidade, como traballa o persoal, como se coordinan todos os servizos etc.
A todo isto súmase unha páxina web específica, https://osbolechas.gal/112, con máis información e consellos, pero tamén con divertidos xogos e actividades que facilitarán a aprendizaxe das nenas e nenos máis pequenos e porán a proba os coñecementos adquiridos. Na web está tamén accesible o vídeo de Braulio Bolechas así como fichas didácticas para traballar diversos aspectos relacionados coas emerxencias dun xeito moi práctico e ameno.
En total, un centenar de centros educativos recibirán ao longo deste mes de outubro a visita de diferentes personaxes Bolechas co fin de achegarlle á cativada galega a importancia do bo uso do número 112 e do traballo que realizan os servizos de emerxencias de Galicia.
Os Bolechas para aprender e divertirse
Os Bolechas, que este ano celebran o seu 20 aniversario, son desde a súa creación un referente cultural para a infancia galega, tanto no eido literario como no audiovisual e no educativo. Todas as propostas da popular familia creada por Pepe Carreiro levan implícita a promoción de valores universais como a solidariedade, a igualdade, a amizade, a empatía, a conciencia medioambiental… Este carácter pedagóxico fixo que moi pronto os libros fosen utilizados no ámbito escolar, de xeito que hai toda unha xeración en Galicia que aprendeu a ler cos Bolechas pero tamén adquiriu con eles os primeiros coñecementos sobre múltiples ámbitos.
Esta grande aceptación entre as nenas e nenos converteu a familia Bolechas nun vehículo idóneo para trasladar contidos didácticos adaptados aos códigos e intereses destas primeiras idades. e cada vez é máis habitual a súa presenza nos centros educativos para complementar a formación regrada cun referente positivo asociado, ademais, á lingua propia de Galicia.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



