Santiago de Compostela, 13 de Outubro 2020. O futuro de ALCOA, activado o ERE, está non momento decisivo e o BNG lanza unha ofensiva final desde o Congreso e desde o Parlamento galego para reclamar á Xunta e ao Goberno do Estado “altura de miras” para nacionalizar a factoría sen máis demora porque é a única vía de futuro da factoría. De feito, o Bloque ven de lograr na Cámara baixa o apoio a súa iniciativa de intervención pública da factoría.
“A política industrial de Galiza non a pode decidir unha multinacional nos xulgados”, salientou desde San Cibrao a portavoz nacional, Ana Pontón, tras o encontro cos representantes do persoal, “o futuro de ALCOA tense que decidir no Consello da Xunta e non Consello de ministros porque a solución é política e pasa por unha intervención pública que garanta o emprego e a actividade industrial”.
Por iso, alegou, desde o Bloque “estamos poñendo en marcha unha ofensiva institucional para salvar o emprego que ten como primeiro paso ese logro de que, grazas a iniciativa do BNG, o Congreso pida por primeira vez a intervención pública da fábrica da Mariña”. Ofensiva que seguirá no pleno do Parlamento galego tanto na sesión de control como a través dunha moción para conseguir o apoio do Pazo do Hórreo á nacionalización.
A líder do BNG instou a non perder nin un minuto máis, porque é claro que a multinacional non quere vender, “o único que lle interesa é pechar a factoría para non ter competencia e ese non é o interese xeral do país que pasa pola produción de aluminio para garantir o futuro da comarca”. Hai que actuar xa desde as institucións “porque ALCOA non quere vender e estivo actuando de mala fe, con prepotencia e chulería por iso a solución pasa pola intervención pública”, alegou.
Pontón ratificou o apoio do BNG aos traballadores e ás traballadoras así como ao conxunto da comarca e demanda da Xunta e do Goberno do Estado que teñan “a valentía de dar o paso que están esperando o persoal e toda A Mariña poñendo sobre a mesa a nacionalización, porque a intervención pública está sendo posible en Italia, en Alemaña, en Francia, en Portugal e tamén ten que ser posible aquí para salvar o emprego e a produción en ALCOA San Cibrao. É unha cuestión de vontade política e pedímoslle aos gobernos galego e central que estean á mesma altura que os traballadores e traballadoras e á mesma altura que a comarca da Mariña”.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



