Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2020.- Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para a redacción do proxecto construtivo para definir as actuacións precisas para minimizar o risco de asolagamento en Xunqueira, no concello de Viveiro.
Este contrato, cun importe de máis de 67.000 euros, consta dun prazo de execución de 6 meses.
Trátase de deseñar o proxecto que servirá de base para executar actuacións que contribúan a minimizar o risco asociado á área identificada como de risco potencial significativo de inundación do río Fontecova, ao seu paso polo núcleo de Xunqueira.
O contrato inclúe as actuacións destinadas ao necesario aumento e naturalización do leito do río, reforzo de cimentacións danadas, ampliación de pontes, adecuación dalgunhas das infraestruturas pegadas ao leito, así como a reubicación dun lavadoiro.
Plan de xestión de risco
A Xunta elaborou un plan específico de xestión de riscos de inundación para Xunqueira, no que propón varias actuacións susceptibles de ser desenvolvidas nun proxecto construtivo.
Este plan foi presentado ao Concello coas distintas alternativas identificadas e a eficacia calculada para cada unha delas na redución dos riscos de inundación.
O Concello elixiu as alternativas e solicitoulle á Xunta colaboración na concreción dun proxecto a nivel construtivo. Para iso, o Goberno galego, o Concello e a Deputación Provincial de Lugo asinaron un convenio polo que Augas de Galicia asume a contratación dos traballos, cofinanciando as tres administracións a partes iguais o investimento.
Neste plan elaborado pola Xunta, inclúense tamén recomendacións para a toma de medidas precisas por parte do Concello para protexer á poboación de Xunqueira ante episodios de enchentes. Entre elas, a aplicación de políticas urbanísticas que respecten as contornas fluviais do río, a redacción dun Plan de actuación municipal para as inundacións ou a promoción da contratación de seguros contra os danos por riadas.
Avaliación de riscos permanente
A Xunta, a través de Augas de Galicia redacta e revisa cada seis anos o risco de inundación da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa, en colaboración coas autoridades de Protección Civil e a Administración Xeral do Estado.
Unha vez que se identifica e declarada unha zona como área de risco potencial significativo de inundación, cómpre desenvolver mapas de perigosidade e risco de inundación e establecer as medidas que debe realizar por cada autoridade competente para minimizar os efectos negativos das enchentes.
Nas áreas de maior risco recóllese a necesidade de redactar un Plan específico de xestión, no que se traballa a nivel de detalle para tratar de minimizar os perigos e incrementar a calidade ambiental das contornas fluviais, como fixo a Xunta no caso de Xunqueira.




















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



