Santiago, 21 de outubro de 2020. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central que adopte cantas medidas sexa necesarias á maior brevidade posible, incluída a intervención pública temporal para a súa posterior venta a un inversor privado que garanta un proxecto industrial viable, para o mantemento da actividade industrial e dos postos de traballo na factoría de Alcoa en San Cibrao. Así mesmo, solicítase a aprobación de forma inmediata e sen máis dilacións dun estatuto do consumidor electrointensivo que realmente supoña unha solución para este sector da industria, ao garantir un prezo estable, predicible e asumible.
O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, iniciou a súa intervención “trasladando o apoio, solidariedade e compromiso do PPdeG cos traballadores de Alcoa e a Mariña lucense” e censurou “a mala fe coa que está actuando a empresa en todo o proceso negociador, deixando claro que a súa intención nunca foi permitir a venda senón dilatar prazos”. “O único que lle preocupa a Alcoa é non ter competidores e castigar aos traballadores e ás súas familias pola inacción do Goberno de Pedro Sánchez durante estes dous anos”, indicou.
Tellado amosou a súa satisfacción “porque chegamos ao acordo que propuxemos desde o Grupo Popular e que traslada unha imaxe de unidade de todos os partidos galegos na defensa do mantemento da factoría de Alcoa e dos postos de traballo”. “A nosa postura é que o Goberno central e a Xunta traballen xuntos para plantarlle cara á empresa, defender os postos de traballo, que non se paren as cubas e vender a unha empresa interesada en producir aluminio privado”, sinalou, para reiterar que “se non hai estatuto esa empresa estará abocara ao peche”.
COMPETENCIA DO GOBERNO CENTRAL
“Estamos a pedir ao Goberno de Pedro Sánchez o mesmo que solicitamos no seu momento aos gobernos de Mariano Rajoy ou Rodríguez Zapatero, coa diferenza de que estes últimos adoptaron as medidas necesarias para resolver a situación e o actual Goberno central fai oídos xordos”, lamentou.
Así mesmo, lembrou que “as competencias do prezo enerxético son exclusivas do Goberno de España” e criticou que o goberno socialista “aproveitou a pandemia sanitaria para atacar á industria galega, obrigando ao peche das centrais de Meirama e As Pontes ou deixando sen traballo os estaleiros da ría de Ferrol”. “A Xunta si actuou neste tempo e elaborou un borrador de estatuto das empresas electrointensivas, en coordinación coas comunidades de Asturias e Cantabria, que o Goberno central tirou directamente ao lixo”, dixo.
Para rematar, dirixiuse ao BNG e afirmou que “son corresponsables desta situación na que nos atopamos porque fixeron presidente a quen creou este problema”. Así, lembrou que “asinaron un gran acordo de país que quedou todo en papel mollado, porque non resolveu nada do que prevía arranxar, e o único que conseguiron é que o PSOE se rira do BNG”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



