Burela, 18 de outubro, 2020. A fortaleza do equipo galego segue intacta tras o peche da xornada 4 de Primeira Masculina, pero hoxe demostrouse que contra os equipos dun potencial como Viña Albali Valdepeñas hai que coidar ata o máis mínimo detalle (4-1). Viviron os pupilos de Juanma Marrube unha cita moi igualada, na que o Pescados Rubén xerou perigo, sendo demasiado penalizado na primeira parte, con dúas recuperacións que aproveitou á perfección o conxunto castelano-manchego. Os burelistas repuxéronse no descanso e foron a máis para reducir distancias desde saque de banda e crearon perigo na aposta de cinco, aínda que a rigorosidade da sexta falta determinou o resultado final, con dous dobres penaltis.
Dispuxo o Pescados Rubén de situacións claras para romper o electrónico ao seu favor. Edu Sousa evitou a iniciativa dos burelistas nun contraataque liderado por Quintela, con cinco minutos de xogo. Lucho e Álex Diz tamén puxeron a proba a rede local. Na quenda de Kaluza, a portería tamén se mantivo infranqueable, no 8, con Dani Santos de cabeza e pouco despois con Rafael Rato. Perdoou o equipo galego o primeiro nun tacón de Matamoros; tampouco puido gañar a pugna Iago Míguez pouco despois. Kaluza freou aos casteláns con dobre parada ante Chino e Juanan no 12, pero, con todo, non puido manter a salvo os intereses burelistas fronte a Catela, que adiantou ao Valdepeñas con seis minutos para o descanso, tras unha recuperación en pista laranxa sobre Álex Diz. Tívoa Pitero acto seguido pero non conseguiu boa conexión cara a portería; tamén o tentou Giasson, con disparo que se foi alto. Con todo, de novo apareceu a oportunidade en contraataque dos de David Ramos, con Juanan (minuto 18), que conduciu o esférico en galopada para atopar o oco fronte a M. Kaluza e intensificou a incomodidade dos laranxas sobre a pista. Quintela avisou no regreso e tivo despois o primeiro galego, que desartellou Sousa coa cara. Tras a tentativa de Catela fronte a Matamoso, Iago Míguez volveu dispoñer doutra de ouro. Tras o que podería ser unha nova vantaxe local, de Catela con Álex García ao segundo pau, por fin estreou luminoso o Pescados Rubén, no 27, nas zapatillas de Iago Míguez, a pase de Renato, desde saque de banda. Pitero mantivo o resultado axustado pouco despois sacando baixo paus en lanzamento de Álex García. Subiu a quinta falta a escuadra burelista con cinco e medio para o final e con tres Álex Diz vestiu a camisola de porteiro xogador. Chino ampliou a vantaxe castelá en dous dobres penaltis a falta de 1’40” e 23”.
Mércores 21, Zaragoza en Vista Alegre
O balón volverá rodar xa o mércores coa xornada 5 en Vista Alegre. Os pupilos de Juanma Marrube saltarán á pista ás 20.30 horas para medirse a Fútbol Emotion Zaragoza.
Ficha técnica
Viña Albali Valdepeñas FS: Edu, José Ruiz, Cainan, Chino, Matheus, cinco inicial; tamén xogaron Dani Santos, Xavi Cols, Rafael Rato, Sergio González, Catela, Juanan, Nano, Álex García
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Iago Míguez, Pitero, Renato, Giasson, cinco inicial; tamén xogaron Álex Diz, David Pazos, Lucho, Matamoros, Quintela, Javi Rodríguez, Eto’o
Goles: 1-0, minuto 14, Catela; 2-0, minuto 18, Juanan; 2-1, minuto 27, Iago Míguez; 3-1, minuto 39, Chino (d. p.), 4-1, minuto 40, Chino (d. p.)
Árbitros: Mayo López // Panadero Díaz-Concha. Por Valdepeñas amarela para Cainan (minuto 11), Chino (minuto 13). Por Burela amarela a Matamoros (minuto 10), Eto’o (minuto 11), Javi Rodríguez (minuto 29, minuto 40), Álex Diz (minuto 34), Iago Míguez (minuto 40)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 de Primeira División Masculina disputado no Virgen de la Cabeza.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
