Ribadeo, 3 de outubro de 2020. O salón de plenos acolleu este xoves a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello e Acisa e o protocolo con Abanca para a posta en marcha da campaña das Panchas, a moeda local de Ribadeo, que arrincará o vindeiro 9 de outubro. O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, anima aos establecementos comerciais e hostaleiros ribadenses a adherirse a esta campaña. Ata o momento son 60 os locais que se sumaron á iniciativa. Os interesados en facelo poden informarse e anotarse ata o 5 de outubro.
Vizoso Galdo declarou que “coa firma deste convenio, e tamén deste protocolo, poñemos a andar a maquinaria para proceder ao canxe de euros por panchas, e tamén os procesos de adhesión, de validación e de cobro para que estean plenamente operativos a partires do próximo 9 de outubro”.
O edil ribadense dixo que “estamos a observar a moi boa acollida que ten esta iniciativa por parte dos titulares dos establecementos de Ribadeo, de feito xa van en torno a 60 comercios e locais de hostalería adheridos. Tamén sabemos que a clientela destes locais está moi pendente do inicio da campaña para canxear os euros polas panchas, e así poder consumir e desfrutar desta iniciativa desde o próximo 9 de outubro ata o 1 de decembro. Por 30 euros cada persoa levará 40 panchas”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local subliñou que “na edición anterior puxéronse en circulación mil packs de panchas, que se esgotaron practicamente nos primeiros trece días e entre outros motivos, principalmente tamén por este, este ano dado que a campaña se prolonga case durante dous meses serán 3.700 packs de panchas os que se poderán empregar, os que se poderán canxear, para facer as compras no comercio máis próximo, no que temos a carón da nosa casa, e tamén para poder saborear as propostas gastronómicas da nosa hostalería local. Esta é unha das novidades, este ano poderase pagar con panchas nos locais hostaleiros adheridos”.
Pablo Vizoso engadiu: “animo aos negocios de Ribadeo a adherirse a esta campaña, aínda poden facelo ata o 5 de outubro, porque entre todos conseguiremos poñer en circulación como mínimo 150.000 euros en volume de negocio e inxectaremos unha cantidade importante de liquidez moi necesaria para os establecementos participantes e para a cidadanía, sobre todo tendo en conta o período e o ano no que nos encontramos”.
No acto de sinatura do convenio e do protocolo con Acisa e con Abanca participaron o presidente e o xerente da Asociación de Comerciantes, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, o director de Abanca en Ribadeo, Angel Macía, así coma o alcalde e o concelleiro de Desenvolvemento Local, Fernando Suárez e Pablo Vizoso. Como secretario actuou José Rodil.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



