Ribadeo, 11 de novembro de 2020. Un novembro máis arranca a campaña En Negro Contra As Violencias, que neste 2020 debido á crise sanitaria actual e ás restricións de mobilidade e distanciamento social, vaise envorcar sobre todo nas redes sociais. A acción continúa un ano máis expandíndose e tinguindo de negro espazos públicos e privados. A Concellaría de Igualdade anima a participar activamente.
No quinto ano de percorrido da campaña, esta conta coa participación de 2 Deputacións, 140 Concellos, 210 empresas, 155 colectivos e 72 centros de ensino. En total preto de 500 entes que se organizan mediante unha plataforma para loitar contra as violencias machistas. Ademais, miles de establecementos apoiaron durante estes anos a acción cubrindo de negro os seus escaparates e lugares de traballo.
Neste ano, no que a emerxencia sanitaria pola pandemia obrigou ao confinamento domiciliar, lonxe de mellorar a vida de moitas mulleres fíxose, se cabe, máis difícil. Así o denunciou a Organización Mundial da Saúde (OMS), instando aos gobernos a tomar medidas urxentes de prevención para facilitar, deste xeito, a asistencia ás mulleres que se puideran atopar en situación de vulnerabilidade ou perigo.
En Negro Contra As Violencias demostrou ser unha ferramenta moi útil para que os Concellos –grandes e pequenos– puidesen implementar, desde o mesmo marco, diferentes iniciativas que na suma total constituísen unha única grande acción. Este ano, preténdese do mesmo xeito unir forzas e tinguir de negro, non só os establecementos, senón tamén as casas, as rúas e as redes sociais. Conscientes das dificultades actuais para organizar accións presenciais, este ano centraranse os esforzos en actividades virtuais. A primeira tivo lugar o pasado 4 de novembro, a través dunha reunión virtual con preto de noventa participantes co obxectivo de poñer en rede as diferentes actividades que se están a programar.
Algunhas das propostas globais que xa están en marcha, en diferentes lugares, son: distribución de máscaras (co deseño que xa se pode descargar na web), pezas audiovisuais, accións con tecedoras, así como a creación de ferramentas colaborativas para recoller as voces das mulleres, como será o lenzo a modo de pancarta virtual que colgaremos da nosa web, un proxecto procesual –ideado polo colectivo de Gráficas en Negro– que aposta pola aprendizaxe colectiva.
Igual que en anos anteriores, o proxecto a nivel global, conta co patrocinio de Gadis e Finsa, garantindo a coordinación e o desenvolvemento das accións globais e co apoio das Deputacións de Pontevedra e Lugo para os seus respectivos territorios.
En Negro Contra As Violencias, é unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde en 2015 en Santiago de Compostela co impulso da Administración Local, crecendo e involucrando ano tras ano a un maior número de Concellos, institucións e sectores, chegando a expandirse de forma viral mesmo fóra de Galicia. Aínda que está latente durante todo o ano, é sobre todo no mes de novembro e, concretamente, no 25 N -Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres-, cando a acción desprega a súa actividade dunha forma máis intensa.
Desde o seu inicio buscouse implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento ás violencias de xénero e aos asasinatos machistas.
Tamén se apostou por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos por parte da cidadanía, empresas, establecementos comerciais e axentes sociais.
O Concello de Ribadeo, unha vez máis E por quinto ano consecutivo, únese á campaña de denuncia e sensibilización social En Negro Contra As Violencias co obxectivo de visibilizar que as violencias contra as mulleres non cesan. Desde a Concellaría de Igualdade animan “a todas as veciñas e veciños da vila a que participen activamente nesta campaña virtual, tinguindo de negro as súas casas, balcóns…”.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



