A Mariña, xoves 5 de novembro de 2020. Na tarde de onte debateuse e aprobouse no Parlamento unha proposición non de lei presentada polo BNG na que se pedía iniciar os trámites, previa dotación orzamentaria, para a creación dun terceiro xulgado no partido xudicial de Viveiro, instando ao Goberno do Estado para a súa aprobación. Despois dunha emenda transaccional do PP, os tres grupos políticos acordaron demandar do goberno central a creación dun novo xulgado en Viveiro, cando a criterio da Comisión Mixta entre a Xunta de Galicia e o TSXG existan as condicións obxectivas de necesidade para dita creación. Condicións que xa se dan agora mesmo, a xuízo do BNG e das traballadoras e traballadores dos xulgados.
Inacción da Xunta e do Estado diante da saturación dos xulgados
Tal como expuxo Daniel Castro na súa intervención, os xulgados de Viveiro están entre os mais saturados de Galiza e ata o propio Ministerio de Xustiza recoñece nun informe que superan o 200% de carga de traballo provocando atrasos continuados, co conseguinte prexuízo non só para as traballadoras e traballadores dos mesmos senón tamén para toda a poboación do occidente mariñao, para os mais de 45.000 veciños e veciñas de Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela e Foz. Referiuse tamén á total inacción neste tema tanto da Consellería de Presidencia e Xustiza como do Ministerio de Xustiza e o Consello Xeral do Poder Xudicial.
A creación do terceiro xulgado en Viveiro está mais que xustificada
Así se expresou o deputado nacionalista, que se referiu ao enorme volume de asuntos, dato que se pode constatar nas estatísticas do Consello Xeral do Poder Xudicial para Viveiro, que incide na superación das ratios marcadas polo propio CXPX. A creación dun terceiro xulgado sería pois o mais eficiente para descargar o traballo do Xulgado nº 1(que xestiona o rexistro civil) e o Xulgado nº 2 (con competencias a maiores en violencia de xénero).


























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



