Ribadeo, 31 de outubro de 2020. O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular e deputado autonómico, Daniel Vega, continúa co seu compromiso de “seguir xestionando orzamento” perante a Xunta de Galicia para traer novos investimentos para os veciños de Ribadeo. Desta volta, as súas xestións permitiron que o Goberno galego inxectase 20.000 euros, que permitiron o arranxo dos cemiterios de A Devesa e de Cedofeita.
O popular, acompañado da coordinadora do rural, Monte Seijo, e doutros membro do Grupo Municipal, supervisou os traballos levados a cabo nestes dous camposantos, e que consistiron no arranxo do muro e dos corredores interiores da segunda parroquia e na mellora da situación de perigo que presentaba tamén o muro da primeira.
Trátase, por tanto, dunha nova colaboración da administración autonómica que Vega quere por en valor, pois ten unha repercusión directa na veciñanza. “Nestas datas son moitos os que nos desprazamos ata estes lugares. Por iso, é importante que os espazos onde residen os restos dos nosos seres queridos estean en boas condicións. Son dúas obras que non son unha cuestión menor e que se enmarcan, destaca, na nosa folla de ruta de seguir establecendo alianzas que se traduzan en obras para a nosa vila”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



