Ribadeo, 17 de novembro de 2020. O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo e deputado autonómico, Daniel Vega, sinala que “a posta en marcha da plataforma de venda online ‘Ribadeo cerca de ti’ (https://ribadeocercadeti.es) posta en marcha por Acisa coa colaboración do tecido económico local contou cunha achega de 4.000 euros por parte da Xunta de Galicia a través dunha subvención do IGAPE”.
Vega explica que “esta nova ferramenta web permite aos establecementos vender os seus produtos a través da internet tanto aos ribadenses que decidan mercar dende as súas casas coma aos clientes dos establecementos de Ribadeo procedentes doutros lugares coma Asturias, principalmente”. A plataforma arrinca con 40 establecementos de distintos sectores -dende moda, calzado, xoiaría, agasallos, servizos ou, incluso, hostalería-; pero poderanse ir sumando á plataforma máis negocios asociados a Acisa cando o desexen.
O voceiro popular destaca que “esta colaboración mostra un compromiso co tecido económico local” e fai énfase “na aposta pola venda online” que contribúe a “modernizar e profesionalizar máis todo o tecido económico de Ribadeo”. E isto, engade, “redundará nun maior beneficio para o comercio, a hostalería e todas as empresas ribadenses”.
Vega sinala que “detrás deste paso importante hai unha xestión previa” e avanza que “seguimos traballando e xestionando orzamento para diversas iniciativas en Ribadeo” porque “cremos no noso pobo”.




















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



