Viveiro, 15 de novembro, 2020. O sector da hostalaría de Viveiro participou este venres nunha video-conversa organizada pola concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, onde deron a coñecer en primeira persoa a fonda crise que está a atravesar o sector debido á Covid19 e as medidas que se tomaron para paliar a pandemia.
Xunto coa concelleira Míriam Bermúdez, conversaron os autónomos e autónomas do sector hostaleiro:
Alejandro Balseiro de Hotel Urban,
Alejandro Otero barista profesional de Cafés Candelas,
Ana Belén Pérez de Mesón K2,
Domingo González de Temple Bar,
Jose Manuel Vázquez (Leman) de Galipizza e Dekada,
Jose Rodriguez da Cervexaría Abadia,
Luis López de La Plata Café,
Mirsa Segura de Café Bar Nordés,
Víctor Valenzuela de Restaurante O Muro.
Tamén participou na conversa o deputado autonómico mariñán Daniel Castro, que quixo estar presente para escoitar as demandas da hostalaría de Viveiro e artellar solucións para levar á cámara galega como representante da segunda forza do Parlamento Galego. “Desgrazadamente, o impacto que tivo a Covid19 nos autónomos galegos e galegas, foi moito maior que no resto do estado, desde setembro de 2019 até setembro de 2020 hai concretamente 1500 autónomxs menos que tiveron que pechar”, datos que destacou o deputado, e asegurou “que se pode actuar, só se necesita de vontade política”.
Trasladou tamén o Deputado Daniel Castro, a iniciativa do Bloque Nacionalista Galego para poñer en marcha un plan de rescate integral para o sector hostaleiro e turístico financiado co fondo COVID da UE, no que se demandan 30 millóns de euros en axudas directas para poder compensar cando menos o 50% das perdas, o que supón duplicar o anuncio de 12 millóns de euros feito desde a Xunta.
Míriam Bermúdez asegura que este sector está a ser “maltratado”, polo que era de xustiza organizar esta video-conversa para visualizar a situación na que se atopan tantas familias, cun presente e futuro incerto, ao cal “non é de recibo obrigarlles a que baixen a verxa e que non teñan ingresos mentres lles continuan chegando os recibos”. “Queríamos escoitar as posíbeis iniciativas que podiamos desenvolver a nivel local no Concello e autonómico no Parlamento Galego, para mellorar a situación deste sector que abarca a moitos máis que non se teñen en conta como distribuidores e produtores.”
A concelleira recoñece que ve neste sector unha situación moi complicada cando desde un ente superior lles están impedindo traballar.
As demandas e preocupacións que lle trasladaron ao BNG, poderían resumirse no seguinte:
A necesidade de poñer en marcha de maneira inmediata axudas directas das distintas administracións sen que estas veñan a través das entidades bancarias.
Estudar a posibilidade de non ter que devolver o diñeiro investido neste sector. Hai grandes empresas ás que se lles inxectou diñeiro público para que puidesen seguir coa actividade e non o devolveron. A hostalería non tería por que verse discriminada nesas mesmas circunstancias.
Valorar a exención de impostos a nivel municipal (lixo, terrazas…) tendo en conta que non se puido levar a cabo a actividade, mantendo este mesmo criterio no 2021 xa que se prevé que a situación sanitaria continuará gran parte do ano.
Maior transparencia e anticipación nas medidas que a administración da Xunta ou do Estado poidan levar a cabo e que afecten a este sector. Pódese prever con días esas medidas e non dun día para outro, co fin de que se poida calcular o stok de mercadorías.
Lembran que a hostalaría é o último eslabón dunha cadea que afecta a numerosas empresas e particulares productores. Hai moitos sectores que se ven afectados se non hai actividade hostaleira. Xenera moita preocupación a situación dos empregados e empregadas que traballan nos distintos establecementos da nosa localidade. Manteñen que os ERTE son un arma de doble filo porque vía declaración da renda, débese devolver parte dese importe. Consideran tamén que os tempos mudan e con eles as necesidades e demandas da clientela. Non se pode facer frente a esas nova situación sen ‘ reiventarse’ pero para eso necesítase realizar inversións económicas que neste momento non se poden permitir.
O BNG de Viveiro agradece a asistencia dos participantes na video-reunión e comprométese a facer chegar estas demandas a todos os foros onde ten presencia, comezando no inmediato por propoñer ao goberno local aquelas que son de carácter municipal.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



