Burela, 16 de novembro, 2020. Este luns levouse a cabo un pleno extraordinario no concello de Burela para dar cumprimento a sentenzas relacionadas coa Unidade de Actuación de Torrentes. Para o voceiro do BNG, Mario Pillado, “estamos en 2020, para dar cumprimento a unhas sentenzas de 2011 e 2012, mais logo o auto xudicial de 2015 e outra nova sentenza na mesma liña de 2016. Nin o goberno do PP de 2011 a 2015, que non se molestou en iniciar ningún trámite, nin o do PSOE de 2015 a 2019, ambos en maioría absoluta deron solución a este problema e agora nunha situación en minoría témolo que resolver á presa e correndo”.
Pillado comentou tamén que “entendemos que nos acordos de 2008 cando se aproba a o proxecto, que logo anulan os tribunais, se obrou en base a recomendacións de informes técnicos. Pero logo das sentenzas tanto o goberno do PP coma o do PSOE, actuaron igual, meteron o asunto nun caixón”. Con respecto a redacción do proxecto o portavoz nacionalista sinala que “en 2017, tras informe técnico, faise unha addenda ó novo proxecto, pero non se seguiu o procedemento que informou a secretaría que había que seguir. En 2019 os propietarios reclaman información ó concello, que responde en Setembro deste 2020, desencadeándose a situación que hoxe se debate”.
Os nacionalistas están fartos das irregularidades do pasado que saen a luz continuamente.
Para o voceiro do bloque “como vemos en case que tódolos plenos estamos afrontando expedientes moi pasados, cheos de irregularidades que provocan posturas e votos en función das consecuencias legais que iso pode provocar e non so dende un punto de vista político para ter unha postura que serva de axuda ó conxunto da veciñanza; porque para nos iso é facer política”.
Finaliza o voceiro do BNG, Mario Pillado, “estamos fartos destas situacións; non podemos estar en contra dunha sentenza firme, nin a favor do proceder do anterior goberno socialista, nin do PP, nin en xeral podemos estar conformes co proceder desde que se fundou o concello en 1995 porque se mirou mais polo interese particular que polo interese xeral da veciñanza”.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



