Ribadeo, 19 de novembro de 2020. O Concello de Ribadeo conmemora o día internacional contra a violencia cara ás mulleres con folletos, pancartas, máscaras e cuñas de radio. A campaña foi presentada hoxe, xoves, pola concelleira de Igualdade, Mari Luz Álvarez Lastra, e outras representantes da Mesa Institucional de Violencia de Xénero de Ribadeo.
“Este 25 de novembro, día internacional contra a violencia cara ás mulleres, aparece solapado polos problemas acuciantes que desde principios de ano padecemos. A pandemia da covid-19 non debe levarnos a esquecer ou a abandonar o resto das problemáticas sociais que existían e seguen pervivindo na actualidade. No sector da saúde a prioridade está a ser a covid. O sistema está colapsado, non sendo capaz de absorber máis cousas e as mulleres que viñan a contarlle á médica de cabeceira a súa problemática non o están a facer. Por teléfono é diferente e pode coartar a que se sinceren. Estamos ante un momento no que hai unha parálise na captación das mulleres que padecen algún tipo de violencia machista. Só se está atendendo o máis visible e vixente do visible”, explicou a edil de Igualdade.
Ademais lembrou que “o ano pasado por estas fechas demandábamos que a violencia machista fose considerada como cuestión de primeira orde na axenda política. Este 25 de novembro queremos visibilizar a todas as violencias machistas e a todas as vítimas. Temos que manter a loita pola igualdade e contra a violencia ás mulleres polo feito de ser mulleres. Hai que espertar as conciencias da cidadanía. Por outra parte, a covid-19, como están a reflectir numerosos estudos, está a provocar un maior impacto nas mulleres:
-A carga dos coidados recaeu a maioría sobre elas, non artellándose ningunha política ou medidas de cara a facilitar a conciliación da vida persoal e laboral en tempos de COVID.
-Aumento da vulnerabilidade social.
-Precariedade económica: a crise económica cebouse nos sectores que empregan a máis mulleres, polo que a porcentaxe delas que perderá o seu emprego será moito maior que a dos homes; ademais de producirse un aumento da tensión e o risco de violencia de xénero debido ao confinamento”.
Ademais Mari Luz Álvarez anunciou que “este ano non sairemos a rúa pero queremos que aproveitar o día para amosar que a violencia contra as mulleres segue a existir e que está presente todos os días nas nosas vidas; e as mulleres que están a padecer calquera tipo de violencia poden pedir axuda para rematar coa mesma. Este ano decidimos elaborar un folleto, que se enviará a todos os fogares do concello de Ribadeo, onde se contemplan os recursos existentes aos cales dirixirse e aproveitase para lembrar e facer un repaso polos diferentes tipos de violencia. O folleto reproducirase en tamaño lona que se colgará no Teatro. Tamén houbo un concurso de deseño de máscaras nos centros de secundaria e no CIFP Porta da Auga. Así os deseños que foron considerados mellores poderán visualizarse no MUPI do Concello e nas redes sociais. E desde este venres até o 25 de novembro emitiranse na radio unhas cuñas elaboradas en colaboración co alumnado da asignatura de coeducación de 1º de bacharelato do IES de Ribadeo. E penduraremos no balcón da casa consistorial a pancarta da campaña Ribadeo en negro, da que seguimos a participar este ano mediante a campaña virtual”.
O lema da campaña deste 25N é Que a violencia machista non che tape a boca. Alza a túa voz.
No acto interviñeron tamén Dolores García e Teresa González, que falaron do traballo que desenvolven as/os profesionais dos centros de saúde e de ensino para loitar contra a violencia machista.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



