Viveiro, 11 de novembro de 2020. O Concello de Viveiro informa, con respecto ás axudas para o impulso da actividade económica de Viveiro, dirixidas a autónomos e microempresas obrigados a suspender a actividade pola pandemia, que no día de hoxe a Xunta de Goberno Local aprobou o listado de solicitudes estimadas e desestimadas, procedéndose á súa publicación no taboleiro de anuncios da web municipal (www.viveiro.es, dentro do apartado “concello dixital” e, á súa vez, en “sede electrónica”).
Está previsto que a vindeira semana se proceda ao ingreso das axudas a aquelas persoas que tiñan solicitado o pago anticipado.
Todos os beneficiarios teñen todo o mes de novembro para presentar a xustificación do 100% da subvención, procedéndose ao pago da totalidade da subvención concedida con posterioridade.
Cómpre lembrar que estas axudas forman parte do Plan de Reactivación Económica de Viveiro acordado entre o equipo de goberno e o grupo municipal Por Viveiro.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



