Viveiro, 4 de novembro de 2020. O Partido Popular promoverá un acordo no Parlamento de Galicia polo que solicita ao Goberno do Estado que autorice, á maior brevidade posible, a cesión do antigo colexio de Celeiro para trasladar alí a Escola Oficial de Idiomas desta localidade.
Os deputados autonómicos da comarca, Elena Candia, José Manuel Balseiro e Daniel Vega, acompañados do portavoz e presidente do Grupo Municipal Popular en Viveiro, Óscar Rodríguez, presentaron a directivos da asociación Aspanane esta iniciativa parlamentaria xa que este colectivo é un dos principais interesados en que se efectúe o traslado do centro de ensino de idiomas.
Os populares afondaron no asunto explicando que os espazos que a Escola Oficial de Idiomas deixe libres, emprazados na rúa Lavandeiras da localidade de Viveiro, poderán ser aproveitado por Aspanane para novos usos sociais, en concreto, a creación dunha residencia para persoas con discapacidade mental ou intelectual.
Precisamente estas dúas iniciativas –o traslado da Escola de Idiomas e o aproveitamento do actual espazo por Aspanane- foi o obxecto dun triplo acordo acadado entre Xunta de Galicia, Concello de Viveiro e Deputación de Lugo. Os deputados lembran que foi un exemplo moi positivo de colaboración entre administracións.
Os populares explican que a iniciativa traería múltiples vantaxes para todas as partes e para a cidadanía da comarca xa que logo, por unha banda, blindábase a continuidade deste centro público de idiomas na localidade, dispoñendo dunhas instalacións máis amplas e modernas e, en segundo lugar, o espazo que deixaría libre a escola faría viable estes novos usos residencias para Aspanane.
O acordo incluía unha serie de obrigas para todas as partes: Xunta, Concello e Deputación comprometíanse a financiar a obra de acondicionamento do antigo colexio de Celeiro, hoxe sen uso educativo, de tal xeito que estas renovadas instalacións permitiran emprazar alí a Escola Oficial de Idiomas.
Os deputados do Grupo Popular no Parlamento galego sinalan tamén que, de levarse a cabo este proxecto, tal e como foi acordado, a escola de idiomas vería así duplicada a súa superficie ao pasar dos 659 metros cadrados útiles actuais a máis de 1.215 metros cadrados, distribuídos en dous plantas (baixa e alta) remodeladas na súa integridade e con melloras de accesibilidade e máis espazos.
A Xunta tamén comprometíase a seguir financiando o sostemento do centro de aprendizaxe de idiomas, o seu persoal e recursos, para os que destina anualmente entorno a 600.000 euros. Blíndase así a continuidade da escola que na actualidade conta cun cadro docente de 11 profesionais e tres traballadores máis de servizos administrativos e limpeza.
Os deputados populares lembran tamén que para acadar este obxectivo, o Concello comprometíase a intermediar diante da Tesourería Xeral da Seguridade Social, actual propietaria do antigo colexio, para facilitar a súa cesión.
Como froito dos primeiros contactos, a Xunta de Galicia trasladou xa a inicios deste ano un escrito á administración estatal interesándose pola cesión ou doazón dos terreos e deste inmoble para retomar os seu uso educativo, como Escola Oficial de Idiomas. A pesar do tempo transcorrido, a administración autonómica non obtivo resposta.
Para o Grupo Parlamentario Popular resulta de vital importancia desenvolver o acordo acadado, tendo en conta as múltiples vantaxes descritas, para o que resulta imprescindible contar, á maior brevidade posible, a posta a disposición da Xunta das instalacións do vello colexio.




















A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



