Lugo, a 17 de novembro de 2020. O grupo provincial do PP avisa ao goberno da Deputación que de cumprirse o anuncio feito polo presidente, José Tomé (PSOE), de que os orzamentos, elaborados sen participación do PP nin do tecido asociativo, do 2021 serán continuistas, pode crear un gravísimo problema á provincia, dado que será o ano da saída da crise e Lugo precisa apoio aos sectores produtivos e inversións especiais na xeración de emprego, por exemplo mediante un ambicioso plan de estradas.
O portavoz do PP, Javier Castiñeira, sinala: “Acabamos de saber polos medios de comunicación que o equipo de goberno da Deputación ten pensado presentar proximamente os orzamentos do 2021. É algo que nos congratula, porque é unha novidade que a Deputación presente os orzamentos en tempo e forma, algo que non fixo nos últimos anos; de ser así empezariamos o exercicio da recuperación económica cos orzamentos xa en vigor. Pero, por outro lado, estamos profundamente desencantados porque se rexeitou a colaboración do Partido Popular, que é o grupo maioritario da corporación provincial, e con elo a de gran parte dos lucenses e dos concellos para traballar sobre estes orzamentos tan importantes”.
O portavoz popular sinala: “O grave xa non é que non se chame ao PP, o grupo con más representación na corporación; o grave é que non se chama a ninguén, nin asociacións nin outras entidades que deberan participar tamén neste orzamentos tan importantes. Ao PSOE e ao BNG éncheselles a boca antes das eleccións e nos programas electorais falando de presupostos participativos, pero despois, cando chega a hora da verdade, deséñanos nun despacho socialistas e nacionalistas, sen buscar a colaboración de ninguén”.
Castiñeira explica: “Pero tampouco é o máis grave que no se dea participación na elaboración duns orzamentos tan importantes como son os de 2021; o máis grave son as declaracións do presidente Tomé que di que os orzamentos do 2021 serán continuistas. O que menos necesita calquera administración é seguir co que fixo ata agora, porque o 2021 é o ano da saída da crise. Non se pode facer un copia-pega como fixo cos do 2020 en relación cos do 2019, que xa eran un copia-pega dos do 2018, que non os fixo este goberno e son orzamentos de antes da crise. Necesitamos innovar, necesitamos apoiar ao tecido económico e empresarial da provincia; precisamos transformar as estradas para que sexan un motor económico para todos os concellos da provincia”.
Os populares cren que “o que menos necesitamos e continuísmo orzamentario” e avisan de que “se finalmente o orzamento é continuista seremos a única administración de España que sexa orzamentariamente continuista, porque o ano 2021 é un ano extraordinario, clave, que precisa uns orzamentos extraordinarios”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



