Lugo, a 29 de novembro de 2020. O grupo provincial popular do PP está convencido de que o goberno da Deputación está “nunha fuxida a cegas”. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Unha fuxida a cegas é o que pretende o goberno da Deputación de Lugo no pleno extraordinario convocado para mañá, luns”. Para o grupo provincial do PP, “é tremendamente significativo que o bipartito anunciase o pleno de disolución de Suplusa como pleno monográfico e que, despois das críticas do PP engadise na orde do día os orzamentos para 2021, uns orzamentos para un ano especialmente importante”. No PP entenden que se trata dunha “estratexia de ocultismo, vergoñenta”, e avisan de que “non calará as voces críticas sobre o proceso incompleto de disolución de Suplusa, que moi posiblemente, pola incompetencia do goberno provincial, se peche en falso e terán que resolvela os xulgados desta provincia”.
Castiñeira declara: “Os problemas para a liquidación de Suplusa xa empezaron cunha compra acelerada dunha acción de Tragsa, que o PP considera irregular e que está no contencioso. Proseguiu cunha inxusta subrogación dos traballadores das áreas verdes de Suplusa a esa mesma empresa pública, que tamén está nos xulgados por parte dos traballadores; seguiu co préstamo non autorizado de maquinaria de Suplusa a Tragsa”. O portavoz popular indica: “Se o goberno da Deputación non aclara quen foi o responsable que se extralimitou nas súas funcións ao autorizar o uso de máquinas de Suplusa por Tragsa, probablemente rematará nos xulgados. E entendemos que posiblemente acabarán tamén nos xulgados moitísimas demandas dos concellos, que se viron traizoados porque neste proceso de disolución se esfuma parte do seu futuro industrial”.
Castiñeira anuncia que “o asunto de Suplusa non vai rematar o 30 de novembro, porque se pecha en falso, como ferida aberta e supurando”. Está convencido de que “traerá moitos problemas ao presidente, por ceder á presión do BNG para reducir de contido á Deputación; iso si, unha Deputación da que queren seguir cobrando”. O portavoz popular di ao presidente da Deputación: “A ferida está aberta, señor Tomé; se cre que poñendo enriba dela unha torpe venda como son estes orzamentos, que ademais non se adaptan á realidade covid, está absolutamente equivocado”.
O PP cre que este pleno poderá ser recordado como un dos máis dañinos dos últimos anos polas consecuencias desastrosas que pode supoñer para a provincia. Castiñeira avisa: “Se o goberno non amaña o asunto de Suplusa é moi probable que o teñan que amañar outras instancias e iso pode ser moi prexudicial para os intereses de todos os lucenses”.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



