Vigo, 6 de novembro de 2020. O 18 de maio é o Día Internacional dos mMseos. Para celebralo, desde o proxecto Pasaporte REMA, financiado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP) e promovido polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro Gallego (GALP), preparouse un xogo en liña en formato en Escape Room no que os colexios participantes terán que resolver un misterio, seguindo unha serie de pistas que atopasen de modo virtual en 27 museos pertencentes á Rede de Espazos con contido Museístico Atlántico (REMA).
Os 5 colexios que resolvan o reto nun menor tempo, serán convidados, o día 18 de maio de 2021, a un dos museos da Rede REMA, a competir nun escape room de temática mariñeira deseñado para a ocasión, onde se decidirá quen é o mellor “equipo investigador galego”.
O obxectivo desta iniciativa é promover a difusión do patrimonio mariñeiro atlántico europeo entre os escolares de zonas costeiras galegas, a través do uso da tecnoloxía e convidando a cada alumno para sacar “o detective que leva dentro”.
Os centros interesados poderán realizar a súa solicitude ata o 31 de decembro de 2020 a través rema360@ redrema.eu. Prazas limitadas. Máis información na web: www.redrema.eu/rema-360/























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



