Riotorto, 5 de novembro de 2020. A Secretaria Provincial do PSdeG e Deputada Autonómica, Patricia Otero, acompañada dos Concelleiros Socialistas de Riotorto, José García e Francisco Fernández, anunciou hoxe diante do Concello, que reclamará ao Goberno de Feijóo, a través dunha iniciativa no Parlamento de Galicia, que aclare o procedemento do proceso selectivo da contratación dunha praza de administrativa neste concello. Unha convocatoria na que só houbo dúas aspirantes, e conseguiu a praza a muller do Alcalde de Riotorto.
A dirixente socialista pregúntalle á Elena Candia “si ampara este tipo de procedementos selectivos do Alcalde de Riotorto”. E puntualiza “parécenos moi sorprendente que só se presentaran dúas persoas a esta convocatoria, cando os únicos requisitos que se requirían neste proceso era estar en posesión do titulo de EXB”, entre outros. Ademais sinala que “nunha situación excepcional como a que estamos a vivir, non é comprensible que para unha praza destas características non se publicitara nin no BOP, nin nas redes sociais do propio Concello”, replica.
“Tal e como aparece nas bases da convocatoria que rexen este proceso selectivo é o propio Alcalde quen asina estas bases, na que saíu seleccionada á súa propia muller”, advirten o Voceiro Socialista de Riotorto, Jose García. Así as cousas denuncia que “o Alcalde de Riotorto, a día de hoxe non dixo ni mu para explicar o proceso desta contratación da súa muller no Concello. Por iso pedimos que dende a súa responsabilidade política dea a cara diante dos seus veciños e veciñas. Todo este procedemento esta cheo dunha falla de ética sen precedentes na historia desta vila”, denunciou.
Sen copia dos exames nin das actas
O Grupo Socialista de Riotorto foi convocado hoxe, xoves día 5 de novembro, para recoller nas dependencias municipais, parte da copia dos expedientes da contratación das 3 prazas, que se corresponden cunha praza de albanel, outra de xardineiro e unha praza de administrativa, seleccionadas a través do Plan Depuemprego da Deputación. Os concelleiros puideron acceder a ler ás actas do tribunal, pero non se lles facilitou copia da mesma, nin tampouco dos exames. A documentación que se lles entregou era un total de 17 folios nos que se incluían as bases da convocatoria, correos entre o tribunal sobre as bases e certificados da publicación no tablon dixital do concello, entre outros.
Acceso á documentación 30 días despois de solicitalo
Hai que lembrar que este proceso comezou o dia 1 de outubro cando o Grupo Socialista comprobou nas propias dependencias municipais que a muller do Alcalde ocupaba unha praza de administrativo no Concello. O día 5 de outubro rexistraron un escrito no Rexistro para coñecer o proceso de contratación deste novo posto de traballo. Transcorrido o prazo que marca a lexislación de 5 días naturais para resolver este expediente e ao non ter resposta, o Grupo Socialista volveu a rexistrar outra petición no Rexistro do Concello o pasado 27 de outubro para acceder a este expediente, polo que foron convocados a revisar a documentación hoxe, concretamente 30 días despois de solicitalo.




















A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



