Ribadeo, 9 de Novembro de 2020. O concello de Ribadeo ven de dar unha nova versión do procedemento de concesión de licenzas que contradí abertamente as reiteradas declaracións, respecto das licenzas concedidas para os apartamentos e o novo proxecto de cafetería na Illa Pancha.
Segundo a versión anterior as licenzas son procedementos regrados e o concello ten que concedelas si ou si, dentro do regulamento. Segundo a versión actual o concello pode poñer “unha serie de esixencias administrativas” que leven ao promotor a desistir do proxecto. E isto lévanos de novo á motivación do noso recurso contra o proxecto da nova cafetería e á resposta do concello respecto dos informes do Defensor del Pueblo.
Anque xa é coñecido lembraremos brevemente os trámites deste procedemento.
1º.- En maio de 2019 a empresa concesionaria da explotación turística da Illa Pancha presenta no concello un novo proxecto de cafetería nos antigos garaxes do faro. O concello mantén o segredo mais absoluto ata xaneiro de 2020 que aparece na prensa.
2º O colectivo “Por nuestro Faro” solicita o acceso ao expediente e xorden novas “disposicións administrativas” que nos impiden exercer ese dereito ata xuño de 2020. Mentres tanto tramítase o expediente perante o período de confinamento e a Xunta de Goberno aproba a licenza de obra o 18 de maio.
3º Por Nuestro Faro presenta un recurso ao abeiro dos 6 informes do Defensor del Pueblo que pedían un Estudo de Impacto Ambiental Simplificado para avaliar os efectos do proxecto, dacordo ca normativa vixente para protección da Rede Natura 2000. Lémbrese que a A. Portuaria acabou aceptando a realización do Estudo de Impacto Ambiental simplificado pero non se chegou a realizar.
4º O concello resposta que as licenzas teñen un procedemento regrado e que neste novo proxecto non procede aplicar os criterios do Defensor.
Obsérvese o criterio político, que non administrativo para decidir cando se aplica unha norma ou outra ou se segue sen aplicar unha norma que nunca se aplicou. Os informes do Defensor van dende o 17 de febreiro de 2017 ata o 10 de outubro de 2018, pero nen a Autoridade Portuaria, nen a Xunta de Galicia, nen o concello de Ribadeo deron unha resposta coherente en dereito con argumentos xurídicos. En realidade non deron ningunha resposta que non fose a negación da evidencia. A última resposta da Autoridade Portuaria comprometíase a realizar o Estudo Simplificado pero non se levou a cabo. Caese do seu peso que se ese estudo era preceptivo para os proxectos anteriores, como así o recoñeceu a Autoridade Portuaria, con mais motivo o será cando se engaden novos proxectos e actividades que non foron avaliadas anteriormente. E segundo este criterio poderíanse seguir engadindo novas obras e proxectos obviando calquera avaliación.
Ainda mais, seguen incumpríndose as condicións da licenza de apertura, como a non apertura da porta da Illa Pancha ao público en xeral, segue sen aclararse a situación da fosa séptica, a normativa ambiental e as promesas feitas pola alcaldía, como temos denunciado outras veces.
En resumen o Concello de Ribadeo prescinde dos informes do Defensor de Pueblo para a concesión de determinadas licencias seguindo criterios políticos e non administrativos e declara que as licencias seguen protocolos regulamentados, pero non sempre.
COLECTIVO POR NUESTRO FARO




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



